📗 Libro en gallego REMUIÑO DE SOMBRAS

(1)

Editorial Galaxia, S.A. - 9788491517528

(1)
Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de REMUIÑO DE SOMBRAS

Remuíño de sombras presenta a imaxe colectiva da comunidade galega de Buenos Aires. Novela que reconstrúe unha xeira histórica da diáspora dos galegos. Despois da historia dun home na emigración que é Camiño bretemoso, Neira Vilas ofrécenos a novela da emigración no seu conxunto, “composta cunha técnica de parqué”, en palabras de Basilio Losada. Vidas cuns camiños que se encerellan, lembranzas comúns, xenreiras, incomprensións, anhelos —o de volver ou o de non volver—, homes apodrecidos na riqueza ou temperados na adversidade, todo un mundo sinfonicamente reflectido, amorfo, sen heroes cumpridos e escintilantes, coa grisalla morna dos días en sucesión abafante, co seu triunfo insuficiente, ou co fracaso esmagador.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491517528

Idioma: Gallego

Número de páginas: 126
Tiempo de lectura:
2h 55m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 02/11/2021

Año de edición: 2021

Plaza de edición: Es
Colección:
Biblioteca Neira Vilas
Número: 12
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 194.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Neira Vilas


Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...
Descubre más sobre Xosé Neira Vilas
Recibe novedades de Xosé Neira Vilas directamente en tu email

Opiniones sobre REMUIÑO DE SOMBRAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

(1) comentario

2/5

(0)

(0)

(0)

(1)

(0)


Ordenar por:

1 opiniones de usuarios


Antia

24/03/2025

Tapa blanda

3/10⭐️ Libro con temática sobre o exilio, bo contido e moi reflexivo e presentanos a realidade de estos tempos. A técnica narrativa non é do meu agrado, a forma de relatalo non é do meu gusto, bastante indiferente.


Ver todas las opiniones (1)

Los libros más vendidos esta semana