leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego REPRESION FRANQUISTA NA COMARCA DA CORUÑA

Proxecto Nomes e voces

Varios autores

LAIOVENTO - 9788484872184

Política Política nacional

Sinopsis de REPRESION FRANQUISTA NA COMARCA DA CORUÑA

Este libro pretende recuperar a memoria histórica, ou sexa, a memoria da represión con que o franquismo estragou a comarca da Coruña. Mais é tamén un acto de xustiza para reparar tanta dor e sacrificio e, así mesmo, unha achega para coñecer a verdade. Como dicía Castelao nunha das súas estampas, non enterraron cadáveres, senón semente. É unha publicación que quere iluminar, como aquel libro do escudo constitucional do Concello da Coruña da IIa República que difundía, por riba da Torre de Hércules, un resplandor luminoso de Progreso e Liberdade (curiosamente, estas foron as dúas primeiras rúas que suprimiron os franquistas cando se fixeron cargo da primeria corporación municipal). Tendes na man un traballo que quere recordar o pasado, se cadra os acontecementos máis traumáticos que padeceu esta sociedade, mais tamén tenta rememorar o papel da cidade da Coruña e a súa comarca como a referencia máis dinámica e transformadora do noso país. Nesta bisbarra tiveron un protagonismo especial todo tipo de movementos sociais, foi o berce do movemento nacionalista galego na súa versión máis progresista, un referente do movemento obreiro, maiormente anarcosindicalista, mais tamén de influxo socialista nalgúns sectores, espazo en que se desenvolveu un agrarismo que destacaba pola súa relación coas ideas socialistas ou libertarias. Despois da longa noite de pedra da ditadura franquista e de moitos anos de silencio, é hora de homenaxear as vítimas, reparar tanta inxustiza, coñecer a verdade e gardar as súas vidas na nosa memoria colectiva

Ficha técnica


Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484872184

Idioma: Gallego

Número de páginas: 274
Tiempo de lectura:
6h 30m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 27/09/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Santiago de Compostela -
Número: 287
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 1.8 cm
Peso: 380.0 gr

Especificaciones del producto



Opiniones sobre REPRESION FRANQUISTA NA COMARCA DA CORUÑA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana