📗 Libro en gallego RESTRA DE LETRAS

Edicións Xerais - 9788483028643

Juegos Pasatiempos. Crucigramas

Sinopsis de RESTRA DE LETRAS

Restra de letras é un libro lúdico cunha finalidade didáctica. Está enfocado a mellorar a competencia lingüística do alumnado, fundamentalmente no que se refire á ortografía e ao léxico, aínda que tamén pode ser de axuda en cuestións de literatura. Como o seu propio nome indica, co que se xoga é con letras e con palabras (non hai xogos de números, por exemplo). Polo tanto, pódese considerar como unha ferramenta de moita utilidade para o seu uso na aula. O libro consta de dous niveis segundo a dificultade de resolución dos xogos. No nivel 1 (dirixido fundamentalmente a rapaces e rapazas do 1º ciclo de ESO) propóñense 16 tipos de xogos diferentes, mediante os cales se poden traballar aspectos de léxico (cruzada visual, sopa de letras), ortografía (a serpe, tres eran tres, sílaba fixa, incógnita, encrucillado), literatura (fuga de vocais, trasnadas) e mesmo de desenvolvemento do razoamento lóxico (xeroglíficos). No nivel 2 (dirixido ao 2º ciclo de ESO) increméntase a dificultade e a diversidade dos xogos (30 diferentes). Ao igual que acontecía co nivel 1, tamén aquí se pode tirar partido dos pasatempos para completar o coñecemento en distintos niveis da gramática e ademais, propóñense fórmulas que requiren unha maior perspicacia para a resolución dos xogos (encrucillado branco, brincadeira, autodefinido branco). Neste nivel tamén se lle concede máis importancia ao ámbito literario, xa que moitos dos xogos baséanse na descuberta de títulos e pasaxes de obras literaria, de nomes de escritores, etc.Como se dixo ao comezo, Restra de letras é un libro lúdico cunha finalidade didáctica. Iso si, non é un método didáctico, nin pretende abranguer ningún ámbito determinado no estudio da lingua, porque todos os xogos que nel se propoñen, axudan a mellorar a comprensión e expresión escrita de quen se achegue ás súas páxinas.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483028643

Idioma: Gallego

Número de páginas: 128

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/09/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Es

Colección:
DIDÁCTICA E OUTROS MATERIAIS EDUCATIVOS - MATERIAIS

Alto: 20.0 cm
Ancho: 10.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 100.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Celia Díaz Núñez


Celia Díaz Núñez (O Páramo, 1961), licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica, desenvolveu a súa actividade docente como profesora de ensino secundario e universitario en Ourense. Deuse a coñecer como narradora en 2003, cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando ou o misterio do cuarto secreto (Galaxia, 2021). É autora de obras de teatro infantil, como Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004), Velaí vai o papaventos (2014); O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio o Facho de teatro infantil 2016) e Unha estrela para Amina (Premio o Facho de teatro infantil, 2019; Galaxia, 2020); e do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra. Quiroga e os seus escritores (1995) e de libros de texto para a aprendizaxe da lingua galega. En Editorial Galaxia tamén publicou a novela Unha verdade amarga (2017), os libros de relatos Corte e confección (2019) e As faces do diamante (2023), así como a novela para público xuvenil A boca do monte (2016).
Descubre más sobre Celia Díaz Núñez
Recibe novedades de Celia Díaz Núñez directamente en tu email

Opiniones sobre RESTRA DE LETRAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana