📗 Libro en gallego SALVEMOS O NADAL! / AVENTURA NA NEVE

Triqueta Verde, SLU- 9791387501068

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de SALVEMOS O NADAL! / AVENTURA NA NEVE

Un libro reversible deseñado para poder gozar dos seus dúas primeiras aventuras nun só libro. Cando terminas o volume 3, xiras o libro e poderás gozar do seu volume 4. No VOLUMEN 5 Vilaman prepárase para recibir o Nadal, pero non do xeito que a Fani e a Dani lles gustaría. Nesta nova aventura, os nosos heroes non só salvarán a fraga dunha corta indiscriminada de árbores senón que, ademais, conseguirán que este sexa o mellor Nadal das súas vidas. No VOLUMEN 6 o estraño fenómeno da neve nas montañas de Vilamán provoca unha vaga de turistas e influencers que case pon a vila patas arriba. A chegada duns novos amigos peludos e moi riquiños fará que todo volva á normalidade.

Ficha técnica


Ilustrador: Ignacio Hernández

Editorial: Triqueta Verde, Slu

ISBN: 9791387501068

Idioma: Gallego

Número de páginas: 80

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/05/2024

Año de edición: 2024

Plaza de edición: Seleccione
Colección:
FANI&SUPERDANI
Número: 3
Alto: 21.0 cm
Ancho: 15.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón D. Veiga


Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: «Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín» (Xerais, 2017), «É tempo de Entroido!» (Xerais, 2018), «A araña que lles tiña medo ás arañas» (Xerais, 2019), «Meigas fóra!» (Xerais, 2020), «Non pare a festa» (Xerais, 2021), «De festa en festa» (2022), «Gloria» (2023), «Inventario de bruxas da avoa Maruxa» (2023), «Violeta ás agachadas» (Xerais, 2023) e «Maios e desmaios (Xerais, 2025)». Tamén é autor das series «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023/2024) e «Fani e Dani» (2023/2024), e colaborou no volume colectivo «Era outra vez» (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde «O xigante egoísta». En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con «Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente» (2022) (Selección OEPLI, 2022 / Premio Frei Martín Sarmiento, 2024); en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con «O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante» (2023); en 2023, o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con «Medo me dá!» (2024) e en 2025 o I Certame Literario Jaime Olmedo Limeses con «Pernascochas» (2025). Publicou os contos en liña «#EuQuedoNaCasa» (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19; «Bombas de chocolate» (2022), sobre a guerra de Ucraína e «Sucedeu en Samede», sobre a celebración do Entroido nesta localidade (2024). Para o público adulto publicou «Zoom» (Xerais, 2022). Na actualidade coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría. Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.
Descubre más sobre Ramón D. Veiga
Recibe novedades de Ramón D. Veiga directamente en tu email

Opiniones sobre SALVEMOS O NADAL! / AVENTURA NA NEVE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana