SANTOS E DEFUNTOS

XERAIS - 9788483027226

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de SANTOS E DEFUNTOS

Gonzalo Navaza escribe este conto a partir dunha proposta de que fixera un relato que incluíse a frase �o mar o lonxe seguía a bater con forza�. A partir dese fío, Navaza ofrécenos unha historia de emigrantes, chea de intrigas, humor e múltiples paradoxos e imprevistos, na procura da súa identidade. Un galego de cerca de serenta e cinco anos, que deixara Galicia había máis de cincuenta, procura a súa familia nun deses programas televisivos que promoven lacrimosos reencontros de parentes tras moitos anos de separación. En Santos e defuntos mestúranse neste maxistral conto cheo de humor, onde o xogo da impostura non é máis ca unha manifestación da ironía intensa da vida. O libro está ilustrado explendidamente polo artista Ramón Trigo.
Gonzalo Navaza (Lalín, 1957), alén da súa vertente profesional filolóxica, relacionada sobre todo coa historia da literatura galega e coa onomástica, é coñecido como poeta, narrador e traductor. Como poeta publicou ata o de agora tres libros de versos: Fábrica íntima (1991), A torre da derrotA (Xerais, 1992) e Libra (2000, premio Martín Codax), o segundo dles escrito en versos palindrómicos. O libro de relatos Erros e Tánatos (Xerais, 1996) gañou para a prosa de Gonzalo Navaza moitos entusiastas lectores. Posteriormente publicou Elucidario (Xerais, 1999) e Santos e defuntos (Xerais, 2002).

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483027226

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/01/2002

Especificaciones del producto



Escrito por Gonzalo Navaza y Ramón Trigo


Gonzalo Navaza (Lalín, 1957). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Lexicógrafo e especialista en toponimia e antroponimia, coordinou a área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia. Realizou a edición crítica de «Longa noite de pedra», de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 1990). Ten publicados os poemarios: «Fábrica íntima» (1991), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1989 e Premio da Crítica Española 1992; «A torre da derrota» (Xerais 1992); e «Libra» (2000), Premio Martín Codax 2000. Como tradutor verteu para o galego obras de Jack London, Georges Perec, Robert Graves e Baudelaire. Recibiu o Premio Ramón Cabanillas de tradución literaria (1989) pola súa versión para o galego de «O can dos Baskerville» de Conan Doyle (Xerais 1988). Como narrador publicou «Erros e Tánatos» (Xerais 1996), «Elucidario» (Xerais 1999) e «Santos e defuntos» (Xerais 2001). Para o público infantil, publicou «Fábulas contadas» (Xerais 2020).
Descubre más sobre Gonzalo Navaza
Ramón Trigo (Vigo, 1965). Formación artística autodidacta. Dedícase á pintura, á escultura e á ilustración. Recibiu distintos premios: o Isaac Díaz Pardo, ao mellor libro ilustrado de 2014 por “Leviatán " ; o Premio Nacional Lazarillo, 2012, polo mesmo libro; o Premio Cidade de Alacante de álbum ilustrado, por “Casa vacía " , e o Premio Cabildo Gran Canaria de álbum ilustrado, por “Yo vivía en el fin del mundo " . Algúns dos libros que ten ilustrado en Xerais son " Santos e defuntos " , de Gonzalo Navaza; " Aníbal quere encoller " , de Oli, " O pintor do sombreiro de malvas " e " Palabras de auga " , de Marcos Calveiro. Ten publicados máis de trinta libros e mantén a súa páxina web: www.ramontrigo.com
Descubre más sobre Ramón Trigo

Opiniones sobre SANTOS E DEFUNTOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana