📗 Libro en gallego SELVA NEGRA

XERAIS - 9788475078083

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de SELVA NEGRA

O volume ábrese con "A Alemana", no que Suárez Abel servíndose habilmente do monólgo interior expresa os máis íntimos sentimentos da protagonista, unha rapaza de dezasete anos que cursa desorientada primeiro de administrativo, separada dos seus país que viven en Alemaña.O segundo dos relatos "Selva negra", que dá título ó libro, é a continuación do anterior. Mestura o desacougo de Alfredo e Herminia, parella de emigrantes retornados que se establecen nun barciño de estrada, o Selva negra, coa desfeita persoal de Mar, a súa filla, enganchada por unha rede de narcotraficantes. O autor, cunha utilización moi certeira do diálogo, argalla un desenlace brutal e inesperado.O terceiro dos relatos "O Quiquiriquí" é unha nova historia de emigrantes, onde se confrontan, como en todo o volume, a visión do mundo da xeneración adulta co desconcerto inquietante dos mozos do noso tempo.O volume péchase con "Os caprichos de Laura", onde a habilidade de Suárez Abel no manexo do monólogo interior amósase de novo para descubrí-lo proceso de Laura, unha muller con dous fillos que un día decide muda-lo rumbo da súa vida, farta dunha cotidianidade que a consome.Selva negra son catro contos desesperanzados e inquietantes sobre o noso tempo. O humor, a ironía, a certeira utilización do diálogo e os desenlaces inesperados que argalla Suárez Abel, fan que se lean dun tirón, deixándonos un sabor amargo sobre o tempo no que vivimos.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475078083

Idioma: Gallego

Número de páginas: 144
Tiempo de lectura:
3h 21m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/05/2001

Año de edición: 1994

Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Miguel Suarez Abel


Miguel Suárez Abel (San Estevo do Campo, 1952). Licenciado en Psicoloxía. Profesor de ensino secundario no Instituto Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e columnista de La Voz de Galicia e O Correo Galego. Ten publicados varios relatos premiados no concurso do Pedrón de Ouro: " O fillo de Serafín " (1981), " O Quiquiriquí " (1982), e " A alemana " (1986). Posteriormente publicou Turbo (Xerais 1988), Premio Blanco Amor de novela; Álvaro Pino (Xerais 1989), biografía novelada do deportista galego; Sabor a ti (Xerais 1992), finalista do Premio Xerais de novela; " Co dedo nos beizos " (1992), relato incluído nos Contos do Castromil; Selva Negra (Xerais 1993), relatos e O repenique de Beatriz Gondar (2003), Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia 2002.
Descubre más sobre Miguel Suarez Abel
Recibe novedades de Miguel Suarez Abel directamente en tu email

Opiniones sobre SELVA NEGRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana