Miguel Suárez Abel (San Estevo do Campo, 1952). Licenciado en Psicoloxía. Profesor de ensino secundario no Instituto Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e columnista de La Voz de Galicia e O Correo Galego. Ten publicados varios relatos premiados no concurso do Pedrón de Ouro: " O fillo de Serafín " (1981), " O Quiquiriquí " (1982), e " A alemana " (1986). Posteriormente publicou Turbo (Xerais 1988), Premio Blanco Amor de novela; Álvaro Pino (Xerais 1989), biografía novelada do deportista galego; Sabor a ti (Xerais 1992), finalista do Premio Xerais de novela; " Co dedo nos beizos " (1992), relato incluído nos Contos do Castromil; Selva Negra (Xerais 1993), relatos e O repenique de Beatriz Gondar (2003), Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia 2002.
Recibe novedades de MIGUEL SUAREZ ABEL directamente en tu email
O destino novelesco e misterioso dunha vida marcada pola busca desesperada do perdón Quen é Wilson Valderrama? Un santo, un idealista ou un xogador de vantaxe? Por que dedicou os últimos trinta e cinco anos a mellorar as condicións de vida dos máis pobres en Colombia, o seu país natal, e dos emigrantes en Alemaña, onde vive? Por que, enfermo e fracasado, insiste en volver a América? Que o mantén atado a Gloria Inés, pola que sentiu unha paixón sen freo?
O volume ábrese con "A Alemana", no que Suárez Abel servíndose habilmente do monólgo interior expresa os máis íntimos sentimentos da protagonista, unha rapaza de dezasete anos que cursa desorientada primeiro de administrativo, separada dos seus pais que viven en Alemaña.O segundo dos relatos "Selva negra", que da titulo o libro, e a continuacion do anterior. Mestura o desacougo de Alfredo e Herminia, parella de emigrantes retornados que se establecen nun barciño de estrada, o Selva negra, coa desfeita persoal de Mar, a sua filla, enganchada por unha rede de narcotraficantes. O autor, cunha utilizacion moi certeira do dialogo, argalla un desenlace brutal e inesperado.O terceiro dos relatos "O Quiquiriqui" e unha nova historia de emigrantes, onde se confrontan, como en todo o volume, a vision do mundo da xeneracion adulta co desconcerto inquietante dos mozos do noso tempo.O volume pechase con "Os caprichos de Laura", onde a habilidade de Suarez Abel no manexo do monologo interior amosase de novo para descubri-lo proceso de Laura, unha muller con dous fillos que un dia decide muda-lo rumbo da sua vida, farta dunha cotidianidade que a consome.Selva negra son catro contos desesperanzados e inquietantes sobre o noso tempo. O humor, a ironia, a certeira utilizacion do dialogo e os desenlaces inesperados que argalla Suarez Abel, fan que se lean dun tiron, deixandonos un sabor amargo sobre o tempo no que vivimos.
Na ría de Arousa desenvólvese a acción de Turbo, entre Vilanova e Cambados, con algunha viaxe do protagonista a Compostela. O mundo do contrabando, o tráfico de influencias na política galega e, sobre todo, unha patetica historia de amor e frustracions entre un ex-cura e unha rapaza nova, son os elementos sobre os que se sosten a historia de Miguel Suarez Abel, profesor de Humanidades nun centro de FP de Pontevedra.
Sabor a Ti ten dentro unha literatura suxestiva e agradable [...], que se le con gusto porque todos nós, algunha vez, fomos serios e escribimos cartas de amor. (X. M. Enríquez, Diario 16 de Galicia, Vigo). A novela lese dun tiron, sobre todo has partes dialogadas. Son dialogos vivos, cheos de humor, cribeis.[...] Ela e unha Madame Bovary de provincia galega. Unha Madame Bovary que nunca se atreveu, que chegou virxe ao matrimonio, que non sabe se ama ou non ao seu home. (XGG, A Nosa Terra, Vigo). Xogos de apariencias, liñas paralelas de sentido inverso e unha inexorable mirada cinica sobre a sociedade actual e o que define a este narrador de palabras doces. (Silvia Gaspar, La Voz de Galicia, A Coruña) Suarez Abel vai ao gran e non se corta a hora de contar frustracions, complexos de culpa e progresos sentmentais. Unha historia esta, que soa a balada ou bolero. (Vicente Araguas, O Correo Galego). E Sabor a Ti unha historia de amor que agroma a altura dos corenta anos, pero e tamen unha historia da insatisfaccion, do cotian, do domestico, do desencanto definitivo. (Cibran Marco, El Ideal Gallego, A Coruña).
"O repenique de Beatriz Goldar" preséntasenos como unha obra amena e chea de elementos misteriosos. Mario, o protagonista, vai ver como en apenas uns meses a súa vida dará un xiro completamente radical. Na súa nova ocupación aparecerá unha muller enigmática e rodeada dun halo de estraña fermosura: o seu ulido, o seu camiñar, o seu estilo, a súa mirada, a súa faciana, todos son elementos que axudarán a romper os esquemas que ata entón tiña marcados Mario con respecto á muller.