📗 Libro en gallego SEMPRE CRISTINA

XERAIS - 9788475077666

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de SEMPRE CRISTINA

Cristina é a máis pequena dos cinco fillos que ten a familia Moreira. É unha namorada dos animais, e anda empeñada en amestrar un rato da casa. O carácter inquieto da nena vai se-lo fío conductor desta novela, na que se contan diversas aventuras da súa vida cotiá.O primeiro conflicto é na escola. Cristina pinta no encerado unha caricatura da mestra, para protestar polo seu mal carácter e polo exceso de deberes. O director resolve o conflicto.Máis tarde, invitan a Cristina a pasa-la fin de semana na casa da súa amiga Silvia. Pero o pai desta sofre un accidente, polo que a nai ten que ausentarse e as dúas nenas quedan soas. Entón, deciden empapela-lo dormitorio dos pais, deixando todo feito un desastre total.Logo, van ó circo cunha tía de Silvia. Alí, Cristina queda entusiasmada cos cans amestrados e decide visitalos, cousa que lle impide o domador. Pola noite, cando xa están durmindo, Cristina érguese para levarlles comida ós animais. Descobre que están en moi malas condicións e enfróntase co domador. Xunto coa amiga vai denuncia-los feitos á policía, que resolve o conflicto.Os problemas acaban por amañarse, xa que as familias recoñecen que as nenas actuaran sempre movidas por boas intencións. A Cristina regálanlle un can, que fora sempre a súa grande ilusión.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475077666

Idioma: Gallego

Número de páginas: 112

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 28/05/2001

Año de edición: 1993

Plaza de edición: Vigo
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Ursula Heinze


Ursula Heinze (Colonia, Alemaña, 1941). Licenciada en Filoloxía Xermánica. Trasladouse a Galicia no ano 1968. Foi presidenta do P.E.N. Clube Galego. Colaboradora da Radio Galega e de O Correo Galego. Como narradora publicou as novelas: O soño perdido de Elvira M. (Xerais 1981); Anaiansi (1989); Culpable de asasinato (Xerais 1993), Premio Blanco Amor e Premio Lousada Diéguez de creación; os libros de relatos: Remuíños en coiro (Xerais 1984), Confidencias (1992), Rodolfo (1992), Polas rúas de Padrón (1994); e os libros de entrevistas: Arredor da muller en 18 mundos (Xerais 1985), Mulleres (Xerais 1991). Para o público infantil publicou: O buzón dos nenos (1985); Sempre Cristina (Xerais 1986); A casa abandonada (Xerais 1987), Premio Merlín 1986; Máis alá de Galicia (1989); Xente coma min (1989); A nena de ouro (Xerais 1991); Viaxe estraña (1991); O monstro (1992); Nace un campión (1992); O invento (1993); Quérote (1994). Como ensaísta publicou: As chamadas linguas e literaturas minoritarias (1991), Literatura galega contemporánea (1993), Fronteiras da Alofonía, do alemán ó galego (1993). Realizou diversas traduccións, como As galiñas do vento (Xerais 2000), obra poética de Gunter Grass, recibindo o Premio Ramón Cabanillas (1991) pola versión para o galego do libro de Michael Ende, O ponche dos desexos Como poeta publicou Torso (2002), poemas en alemán e galego.
Descubre más sobre Ursula Heinze
Recibe novedades de Ursula Heinze directamente en tu email

Opiniones sobre SEMPRE CRISTINA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana