SHAKESPEARE DESTILADO, PREMIO GARCIA BARROS 2008

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498651348

Novela contemporánea Narrativa española

Sinopsis de SHAKESPEARE DESTILADO, PREMIO GARCIA BARROS 2008

Premio García Barros 2008

Un home bébedo conta a historia dun amigo, Willy, que vive pechado nun piso de onde nunca sae. Alí constrúe, casa a casa e rúa a rúa, a maqueta dunha cidade. Un mundo que vai cobrar vida ata se impoñer á realidade.

A novela é unha metáfora burlesca da literatura concibida como un monólogo -con ritmo e humor- no que os sonetos de Shakespeare e os gin tonics van mesturándose nunha cocteleira que se axita na procura de diversión e liberdade literaria.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498651348

Idioma: Castellano

Número de páginas: 188
Tiempo de lectura:
4h 25m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/11/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Es

Colección:
Literaria

Número: 268
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xesús Constela Doce


Xesús Constela (Ferrol, 1963) reside en Poio. Deuse a coñecer ao gañar o Premio Torrente Ballester con «As humanas proporcións» (2004), colección de relatos galardoada tamén co premio da Asociación Española de Críticos Literarios. En 2007 publica a novela «Libro das alquimias» (2007). En 2008 gañou o Premio Manuel García Barros con «Shakespeare destilado» (2008), un monólogo humorístico sobre o proceso creativo que pon en dúbida a ficción tradicional e xoga coa tradición literaria de William Shakespeare. Na novela «15.724» (Xerais, 2012), que obtivo un grande éxito de crítica, presenta un xogo de voces narradoras que obrigan a reflexionar acerca de asuntos como a fronteira entre a cordura e a tolemia, a submisión ao poder ou a aplicación da pena de morte. En 2014 publicou «Apoteose das perchas», unha novela breve en clave de sátira, e posteriormente «A rotura das paisaxes» (Xerais, 2016), «Lisa deitada» (2018) e «O peso do cerebro» (Xerais, 2021). Foi colaborador do suplemento «Nordesía» do «Diario de Ferrol» entre os anos 2004 e 2009 e ten numerosos artigos publicados en xornais e revistas. Participou en varias obras colectivas: «Pontevedra, laranxeiras e limoeiros», «Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica», e en dous volumes da serie «Contos do sacaúntos» da Fundación Vicente Risco. Co título de «Como se fixo o pri-meiro alfabeto» (2008) publicou a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling. (Foto do autor: Jorge Fernández Seoane)
Descubre más sobre Xesús Constela Doce
Recibe novedades de Xesús Constela Doce directamente en tu email

Opiniones sobre SHAKESPEARE DESTILADO, PREMIO GARCIA BARROS 2008


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana