"Somnámbulos" reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado. A escrita literaria adoita ser como guindar un balde ao pozo que un leva dentro. Non se acostuma contar mais o traballo de escribir ficción é ir cavando nun pozo dentro de un, conforme se descende a auga vai saíndo máis fría. O caso deste libro é outro, nace arredor dun texto, "Negocios de familia", que hai uns anos tirei fóra do pozo e que logo deitei de volta para o fondo pretendendo esquecelo. Durante anos chegábame algunha voz desde aquel burato máis as urxencias da vida diaria permitíronme non lles facer caso, até que as voces se foron facendo máis claras e fortes e tiven que procurar un oco nos meus días para voltar sentarme a escribir ao ditado desas voces. Ás veces ocorren cousas así.O segundo, "Conversando coa auga", é un texto que naceu dun encargo da "Fundación Agbar", que me propuxo escribir un texto sobre "a auga desbordada". O terceiro, "Insomne" naceu de recibir os chicotazos da historia nas costas propias. O orixinal foi escrito como texto para magnetófono e como tal foi escoitado por primeira e única vez na "Sala Galán" de Santiago. Retomeino e corrixino, separándoo un pouco máis das circunstancias históricas que vivía naquel momento. Seguramente a persoas que o lean hoxe, ese ser terríbel lles resulte estraño e lonxano, hoxe o terríbel fíxose invisíbel, noutros tempos os monstros tiñan figura. (Da nota do autor)."Somnámbulos" reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado. A escrita literaria adoita ser como guindar un balde ao pozo que un leva dentro. Non se acostuma contar mais o traballo de escribir ficción é ir cavando nun pozo dentro de un, conforme se descende a auga vai saíndo máis fría. O caso deste libro é outro, nace arredor dun texto, "Negocios de familia", que hai uns anos tirei fóra do pozo e que logo deitei de volta para o fondo pretendendo esquecelo. Durante anos chegábame algunha voz desde aquel burato máis as urxencias da vida diaria permitíronme non lles facer caso, até que as voces se foron facendo máis claras e fortes e tiven que procurar un oco nos meus días para voltar sentarme a escribir ao ditado desas voces. Ás veces ocorren cousas así.O segundo, "Conversando coa auga", é un texto que naceu dun encargo da "Fundación Agbar", que me propuxo escribir un texto sobre "a auga desbordada". O terceiro, "Insomne" naceu de recibir os chicotazos da historia nas costas propias. O orixinal foi escrito como texto para magnetófono e como tal foi escoitado por primeira e única vez na "Sala Galán" de Santiago. Retomeino e corrixino, separándoo un pouco máis das circunstancias históricas que vivía naquel momento. Seguramente a persoas que o lean hoxe, ese ser terríbel lles resulte estraño e lonxano, hoxe o terríbel fíxose invisíbel, noutros tempos os monstros tiñan figura. (Da nota do autor).
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499147574
Idioma: Gallego
Número de páginas: 104
Tiempo de lectura:
2h 23m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 23/10/2014
Año de edición: 2014
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 174.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.