Esta novela está construída a partir duns feitos reais. Paralela á historia da catástrofe, o autor sitúa a un responsable político empreñado en manter unha conducta íntegra nunha situación na que proliferan a demagoxia, o alarmismo e o partidismo pueril e sectario. Esta é unha novela de acción que obriga ó lector a unha reflexión sobre problemas do noso tempo como catástrofes ecolóxicas, a manipulación das masas, a responsabilidade na acción política e as discriminacións sociais.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498650266
Idioma: Gallego
Número de páginas: 128
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 30/10/2007
Año de edición: 2007
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Costa Oeste
Costa Oeste
Número: 12
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Pepe Carballude
Pepe Carballude (Rubín, A Estrada, 1956) é licenciado en Filoloxía Clásica. A súa ampla traxectoria na literatura galega deixou títulos como O xílgaro pintor, Os gazafellos (Premio Barco de Vapor 1986), Mimos e máis mimos, Investigación 091, Andainas de Pedro Chosco, SOS, Maldito DNI, Talismán dos druídas, Andrea quere ser maior, Paisaxe con fondo gris, De como o Santo dos Croques se fai peregrino (Premio Barco de Vapor 2002) e Marxinados, entre outros.