Tecendo Panos reúne nas súas páxinas os catro relatos galardoados no Certame de Narracións Breves“Manuel Murguia”nas suas VII e VIII convocatórias (1998-1999), concurso que convoca anualmente o Concello de Arteixo e que coordena desde a sua criación en 1991 o escritor Henrique Rabuñal, tamén responsábel da edición deste libro. Este volume suma-se aos intitulados Relatos (1995) e Airadas de palabras (1998) editados tamén por Laiovento.
Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé Luís Álvarez, Manuel Riveiro Loureiro e David Pérez Iglesias, son autores, xa coñecidos dos leitores, que nos brindan, desde estéticas e perspectivas complementares, unha nova oportunidade de desfrutar da máxia concentrada e sublime de que se nutre o relato breve.Ilustración da capa: Urbano Lugrís Vadillo.
Ficha técnica
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788489896710
Idioma: Gallego
Número de páginas: 134
Tiempo de lectura:
3h 7m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/03/2000
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Santiago de Compostela
Número: 133
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Alfonso Álvarez Cáccamo
Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo 1952) é escritor e profesor. Colaborador habitual na prensa galega, fundamentalmente no Faro de Vigo. É autor e coordinador do blog de opinión «Pensamentos de Olafsson Mokk». Publicou os libros de poemas Na flor do vento (1999) e Sebes contra o vento (2009). Entre a súa extensa obra narrativa publicou as novelas Peito de vimbio, premio Café de Catro a Catro de Novela (Xerais, 1988); As baleas de Eduardo Reinoso, premio Xerais de Novela (Xerais, 1990); Xente de mala morte, premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa (1993); Catapulta (Xerais, 1995); O Espírito de Broustenac, premio Manuel García Barros de Novela (Xerais, 1996); O Bosque de Levas (2002); A revolución dos globos (2008); O Destino de Clarescura Lens (2012) e Os Gotten (Xerais, 2014).