TEMPO DE CREPUSCULO

XERAIS - 9788475077321

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de TEMPO DE CREPUSCULO

A vida dun funcionario gris cambia brutalmente a consecuencia da explosión dun paquete bomba que o deixa cego e paralítico. A partir desta circunstancia, Fernández Naval propón unha viaxe polas gándaras da memoria, proceso no que se mestura a recuperación do pasado para seguir vivindo, e mais a procura dunha frase, un aceno, unha pegada no recordo, que lle permita saber ó protagonista quen e por que decidiu atentar contra el.A novela transcorre así en vintesete capítulos, nove días nos que o protagonista vai refacendo vellas vivencias e sensacións -o amor imposible cunha compañeira de traballo, o ambiente malsán na oficina, a infancia nunca esquecida-, e ó tempo modificando o seu xeito de pensar e a súa percepción da realidade. Unha única paisaxe, a da habitación que xa non pode ver, salferida das outras moitas paisaxes que aínda lembra, o quentor do sol, as infusións da monxa que o deita, os ruídos que lle chegan do exterior e do propio edificio no que habita, constitúen a totalidade de estímulos que percibe; e logo está o medo, representado na constancia dunha chamada anónima que conturba a casa cada madrugada. A voz do protagonista e a do narrador mestúranse con frecuencia ó longo dos capítulos. O monólogo interior, só ás veces interrompido por breves e intencionados diálogos, é a base do discurso.Tempo de crepúsculo, título dunha vella canción dos Platers vencellada ó pasado do protagonista, pretende principalmente contar unha historia e ó tempo conectar co que de esencial e orixinario ten a novela, o EU, o individuo como eixo e fin da narración. Hai unha certa homenaxe á Ventana indiscreta de Alfred Hitchcock, só que aquí afiestra non se abre ó exterior, mira para adentro, ó cerne mesmo do protagonista, ó lugar de onde provén a fortaleza que nos salva e a debilidade que nos vence.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475077321

Número de páginas: 169

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/05/2001

Año de edición: 1993

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Francisco X. Fernandez Naval


Francisco Fernández Naval (Ourense, 1956) é poeta e narrador. Recibiu o premio de poesía Cidade de Ourense (1980) por A Fonte Abagañada (1980) e Miño (2007) e o Premio Xerais de Novela por O bosque das antas (Xerais 1988). Como poeta tamén publicou Pabellón habitado (1987); Ara Solis (1996, edición bilingüe francés-galego, e posteriormente en castelán); Días de cera (1999) e Mar de Lira (2005). Ademais é autor das novelas: Tempo de crepúsculo (Xerais 1993), Sombras no labirinto (1997), Unha cita no aire (2005) e para o público xuvenil, Suso Espada, o misterio do Grial (2002), Suso Espada: Istambul e o cabaliño de ouro (2008) e A noite branca (2012), tamén editada en castelán; e dos libros de relatos Historias roubadas (1998), Lendas de hoxe, soños de mañá (2001) e Sete noites e un amnecer (2003). Como ensaísta publicou Respirar polo idioma -Os galegos e Julio Cortázar- (2006), editado en castelán en Buenos Aires (2007). Escribiu guías e libros de viaxe como Unha viaxe na procura do solpor -Do Tambre á fin da Terra- (2000), A Coruña monumental e turística (2002), Muros, ronsel de pedra, espiral de mar (2003) e Pereiro de Aguiar y la Ribeira Sacra ourensana (2008). É coautor das guías patrimoniais das provincias da Coruña e Ourense publicadas por Caixanova, así como de Galicia. Rutas con sabor, para El País-Aguilar. Destinado ao público infantil, escribiu o libro No corazón da fraga (2001), traducido ao castelán.
Descubre más sobre Francisco X. Fernandez Naval
Recibe novedades de Francisco X. Fernandez Naval directamente en tu email

Opiniones sobre TEMPO DE CREPUSCULO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana