Sinopsis de TODO VAI IR BEN (FINALISTA PREMIO MERLIN 2004)
Minia está preocupada porque non sabe o que lle pasa a súa nai. As idas e voltas constantes ao médico co seu pai, as súas apertas máis emocionadas ca de costume ou os seus ollos apagados convéncena de que algo grave lle está sucedendo. As conversas que Minia, xa na altura dos quince anos, mantén con Churbi, o seu peluche, axúdana a reflexionar e a comprender que mesmo diante dos problemas máis difíciles e dolorosos cómpre encarar a vida con serenidade, confianza e esperanza. “Todo vai ir ben”, terceira novela xuvenil de Silvestre Gómez Xurxo, aborda con delicadeza e profundidade humana o tema do cancro, dende a experiencia dunha adolescente que está abrindo os seus ollos á vida e se ve obrigada a compartir o sufrimento e a loita contra a enfermidade grave da súa nai. Novela realista, artellada no xogo de dúas voces narrativas, proporciona unha visión informada e de lectura emocionante sobre algúns dos problemas aos que inevitablemente se enfrontan moitos seres humanos.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497822589
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 04/03/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Es
Colección:
Fora
Fora
Número: 81
Peso: 174.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Silvestre Gómez Xurxo
Silvestre Gómez Xurxo (Beba, Mazaricos 1951) é mestre xubilado, licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía. Autor de numerosos materiais educativos destinados ao ensino da lingua galega, do coñecemento do medio e de matemáticas na Educación Primaria publicados por Edicións Xerais de Galicia. Co-autor, xunto con Ana María Llanes do método de aprendizaxe da lectura en lingua galega "De Vagar" (Xerais 1999, 2003). O seu primeiro libro foi Conversas do Pai Seixas (1985). Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil e xuvenil: Déixao medrar (Xerais 2000), novela; Ith (Xerais 2001), novela Todo vai ir ben (Xerais 2005), Ti non xogas! (Xerais 2011) e De cristal (Xerais 2015).