Xavier e un neno ensimesmado e algo fantasioso que pasa o verán na vila dos seus tíos. Alí coñece a Clara, unha rapaza especial capaz de ver dentro dos seus soños. Xuntos descubrirán o misterio e os segredos de familia que acubillan as ruínas da casa de Andrés Troncoso, o bisavó de Clara. Un verán que lles deixa tamén outros misterios.
Xavier Estévez (Bruxelas, 1969) compaxina o seu traballo de mestre na cidade de Vigo con aquilo polo que devece: a radio, o teatro e a literatura. «O corazón da maxia» (2015) foi o seu primeiro libro con Xerais, ao que seguiu «Avións de papel» (2017) e «Os camiños do vento» (2019) e «A memoria dos pingüíns» (2022).