📗 Libro en gallego O ESTATUTO DE GALICIA: 20 ANOS DE PARLAMENTO E XUSTIZA CONSTITUCI ONAIS

XERAIS - 9788483029756

Derecho autonómico

Sinopsis de O ESTATUTO DE GALICIA: 20 ANOS DE PARLAMENTO E XUSTIZA CONSTITUCI ONAIS

?O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais? é unha obra que pon ó día a praxe autonómica galega. Parte da teoría estatutaria de 1981 e analiza polo miúdo a interpretación que o Tribunal Constitucional dá na súa xurisprudencia dos ámbitos de actuación dos poderes públicos galegos. O autor, Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado do Parlamento de Galicia, presenta, seguindo a sistemática do texto do ?Estatuto de Galicia?, un percorrido detallado de toda a normativa (legal e regulamentaria) que o desenvolve, e achega unha escolma bibliográfica de grande utilidade. Trátase dun libro que proporciona unha información exhaustiva sintetizada dun xeito sistemático que procura facilita-la comprensión e aplicación do ordenamento xurídico de Galicia e a conflictividade entre o Estado e a Xunta de Galicia dende 1981 a 2003, presentando pois evidente interese para os que se aproximen á experiencia autonómica galega, tanto dende unha perspectiva estrictamente xurídica como dende a análise politolóxica.Este tratado pon sobre a mesa problemas de grande actualidade como o do rendemento institucional dos poderes públicos autonómicos, necesidade de reforma do texto estatutario versus novas fórmulas federais ou confederais, os límites da autonomía galega ou o papel do Tribunal Constitucional como supremo intérprete da Constitución e, en xeral, do que denomina ?bloque de constitucionalidade?. O libro vai precedido dunha presentación de Aurelio Miras Portugal, actual Conselleiro de Emigración da Xunta de Galicia, que sinala ?a calidade e densidade dunha magnífica obra xurídica, que agocha todo un contido humano?.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483029756

Idioma: Gallego

Número de páginas: 523
Tiempo de lectura:
12h 31m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/04/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por XOSE ANTON SARMIENTO MENDEZ


Xosé Antón Sarmiento Méndez es Letrado Mayor del Parlamento de Galicia.
Descubre más sobre XOSE ANTON SARMIENTO MENDEZ
Recibe novedades de XOSE ANTON SARMIENTO MENDEZ directamente en tu email

Opiniones sobre O ESTATUTO DE GALICIA: 20 ANOS DE PARLAMENTO E XUSTIZA CONSTITUCI ONAIS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana