Guillermina Domínguez, historiadora, e Felicia Estévez, filóloga, actualizan un traballo que tivo xa un gran percorrido e que obedece a unha demanda tanto nos centros de ensino como nos focos de investigación do papel das mulleres na historia e da súa visualización na sociedade actual.
O seu obxectivo non é facer unha profunda investigación, senón só–que non é pouco–transmitir o pulo que mulleres como as que son o eixo da publicación lle deron á mesma historia, o que loitaron, o que sufriron por seren mulleres.
A obra, estruturada en tres partes, comeza cada unha delas cunha reflexión sobre a vida das mulleres no tempo que a cada unha das protagonistas lles tocou vivir: o século XIII para María Balteira, o XIV para María Castaña e o paso do XVI ao XVII para María Soliña.As autoras empregan como fontes, ademais de bibliografía, documentos históricos que consultan en arquivos ou cantigas medievais, contrastando a interpretación que estas fontes ofrecen sobre as tres Marías coa súa propia, tendente a desbotar os mitos que a ideoloxía patriarcal creou sobre as tres protagonistas... como sobre outras tantas mulleres.
Ficha técnica
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788499952864
Idioma: Gallego
Número de páginas: 92
Tiempo de lectura:
2h 6m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/06/2017
Año de edición: 2017
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Baía Ensaio
Baía Ensaio
Serie/Saga: Retallos da nosa historia
Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!