Unha, duas, tres... todas as voltas precisas para completar unha fermosa e entrañable viaxe arrededor do planeta. Ninguén mellor có noso protagonista para guiarnos a través dos misterios da vida e para dar resposta ás preguntas, moitas veces silenciadas, que nos impiden gozar de todo o que nos rodea.
Un libro coma este é algo máis que un conto, é un delicioso xogo literario para nenos e nenas, capaz de os converter en adicto á lectura.
Ficha técnica
Ilustrador: Enjamio
Editorial: Everest
ISBN: 9788440304032
Número de páginas: 84
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 23/05/2001
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Es
Colección:
Montaña Encantada Galego
Montaña Encantada Galego
Alto: 19.5 cm
Ancho: 12.5 cm
Grueso: 12.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Ana María Fernández
Ana María Fernández Martínez nace en Palma (Illas Baleares) en 1949. Con 18 anos chega á Coruña, onde reside e desenvolve a súa vida laboral e familiar. Mestra e licenciada en Filosofía e Letras, é autora dunha ampla obra relacionada coa literatura infantil e xuvenil que abrangue os campos do teatro, a narrativa e outras obras do ámbito da aprendizaxe da lingua. Especializouse, sobre todo, na poesía, á que dedicou boa parte da produción. En 1977 recibe o premio O Facho de contos por Os amigos do cabaceiro. Máis tarde o seu poemario Amar e outros verbos foi galardoado co Premio Lazarillo (2001). Tamén é coautora, con Xoán Babarro, de varios títulos, entre os que figuran os premios O Barco de Vapor de 1985 (Primeiro libro con Malola) e 1989 (Barrigaverde e o dragón Achís). Outras obras súas en Editorial Galaxia son Marta ten a solución (2007), Versos da tarde laranxa (2016) e Incesante vagalume (2021).