TROBADORES E XOGRARES: CONTEXTO HISTORICO (HISTORIA Y CRITICA DAL ITERATURA MEDIEVAL)

XERAIS - 9788475079455

Historia y crítica de la Literatura Literatura universal

Sinopsis de TROBADORES E XOGRARES: CONTEXTO HISTORICO (HISTORIA Y CRITICA DAL ITERATURA MEDIEVAL)

Marxinadas por séculos de centralización política, algunhas torres e pazos da nobreza dos séculos XIII e XIV marcan aínda a paisaxe portuguesa e galega agardando unha revalorización que os integre no patrimonio histórico da evolución do occidente peninsular. Abandonados, medio esborrallados, reducidos case a alicerces agochados baixo unha vexetación que sinala o desprezo no que os botaron, ou alterados e reconvertidos ó sabor das comodidades dos seus detentores sucesivos, remítennos a un tempo no que funcionaron como ordenadores da sociedade local, nun momento en que o poder rexio atopaba naturais dificultades para se afirmar. Foi neles, ou en espacios tutelados polos seus señores, onde as primeiras xeracións de trobadores fixeron oí-la súa voz en composicións que serían coñecidas como �cantigas de amor�, �cantigas de amigo� e �cantigas de escarnio e maldicir�. A lectura actual destas cantigas, inviabilizada a posibilidade de reconstitución da súa compoñente musical das máis delas, apela, así, á súa inserción no mundo definitivamente perdido no que adquiriran a súa funcionalidade e ó que a penas podemos acceder hoxe a través da imaxinación controlada do historiador. António Resende de Oliveira, profesor da Universidade de Coimbra e grande especialista na investigación dos aspectos sociais, históricos e culturais dos trobadores recolle e sintetiza en Trobadores e Xograres, primeiro volume da Historia Crítica da Literatura Medieval que publica Xerais, as súas conclusións para o lector afeccionado, o filólogo ou o historiador da literatura. O volume contén achegas moi valiosas tocante ás cortes literarias señorais, as condicións de creación e transmisión da producción trobadoresca e un completísimo ficheiro biográfico de case 160 compositores, que é o máis completo desde o Cancioneiro de Ajuda de C. Michaëlis.Con esta obra, por vez primeira, os nosos autores medievais cobran corpo e relevo e deixan de ser sinxelas etiquetas identificativas para adquirir unha figura persoal e histórica tanxible, cuns intereses de clase e de clan.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475079455

Número de páginas: 199

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/05/2001

Año de edición: 1995

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por António Resende de Oliveira


Descubre más sobre António Resende de Oliveira
Recibe novedades de António Resende de Oliveira directamente en tu email

Opiniones sobre TROBADORES E XOGRARES: CONTEXTO HISTORICO (HISTORIA Y CRITICA DAL ITERATURA MEDIEVAL)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana