Sinopsis de UN PORCO E UNHA VACA XA FAN UN ZOOLOXICO
Había unha vez unha morea de contos, todos xuntiños para dárense calor, que non daban atopado a alguén cos contase, buscaron e buscaron ata que deron coa vaca Xuvenca e co porco Cochón, parella artística dende que Mariacastaña andaba a bailar muiñeira polas portas. A Xuvenca, ou Xuxú, era unha rubia galega con vocación de vedete, desas que se illan nun recuncho do pasteiro para muarlle ao vento. O Cochón, ou Chonchi, levaba no corpo unha alma de cantar de cego. Os dous soñaron desde sempre con saíren polas corredoiras para demostra-lo seu talento, e ameniza-los traballos, pero co invento dos tractores, as empacadoras e os muíños eléctricos, alí ninguén se paraba a escoitalos cantar, bailar ou recitar. Aínda bo foi que apareceu a morea de contos vagabundos. Chonchi e Xuxú decidiron adoptar a morea de contos vagabundos e marchar de xira co seu espectáculo: Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico. Este é un libro absolutamente diferente e orixinal, escrito co pulo narrativo de Paula Carballeira, e ilustrado por Pablo Otero �Peixe�, que serve para ler, para contar, para cantar e bailar.
Ficha técnica
Ilustrador: Pablo Otero Rodriguez
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483023785
Idioma: Gallego
Número de páginas: 82
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/05/2001
Año de edición: 1999
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Merlin
Merlin
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Paula Carballeira Cabana
Nació en Maniños (Fene), en el año 1972. Le gusta comer y viajar. Además, a menudo escribe lo que vive o imagina en los diferentes libros que ha publicado. Se dedica profesionalmente a la narración oral, al teatro (como autora, actriz o directora) e incluso a la televisión (como actriz o escritora ocasional). Ha ganado numerosos premios por su literatura, como el Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, el premio Lecturas o el premio Frei Martín.