Con Unha historia que non vou contar, o sempre agardado escritor Cid Cabido retorna á actualidade cunha novela que cuestiona os moldes da propia ficción. Dinamitando os cimentos da novela e partindo dun estilo depurado e persoal que sempre caracterizou ao autor, Unha historia que non vou contar conforma unha novidosa e intrigante narración protagonizada por un escritor que habita un apartamento en plena Porta do Sol viguesa, fronte ao Sereo de Leiro. A partir dun suceso real que conmocionou o Vigo dos anos 70, a novela arrastra con voracidade ao lector por unhas páxinas ateigadas de intriga, de humor, de orixinalidade e de constantes referencias cinematográficas que conforman o particular universo literario de Cid Cabido. Unha historia que non vou contar enfronta ao lector ás miserias e contradicións da sociedade viguesa dos últimos estertores do franquismo e, ao tempo, convídao a repensar a propia construción literaria do que é unha novela, botando man dos recursos narrativos propios da non ficción. Sen dúbida ningunha, estamos diante dun gran libro, que suscitará interese e debate dos lectores e da propia crítica literaria.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788499140612
Idioma: Gallego
Número de páginas: 272
Tiempo de lectura:
6h 27m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 27/11/2009
Año de edición: 2009
Plaza de edición: Vigo
Alto: 22.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por XOSE CID CABIDO
Cid Cabido (1959) como narrador ten publicadas, entre outras, as seguintes obras: Días contados (Xerais 1991), relatos, Premio Cidade de Lugo de Narrativa; Panificadora (Xerais 1994), novela, Premio Blanco Amor de novela 1994; Oralmente pola boca (Xerais 1997), relatos; grupo abeliano (Xerais 1999), Premio Blanco Amor de novela 1999, traducida ao castelán por Alianza Editorial; Fálame sempre (Xerais 2003), relatos, Blúmsdei (Xerais 2006), novela; Unha historia que non vou contar (Xerais 2009), novela; Tres pintores (Xerais 2018), Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018 e Antón Reixa. Ghicho distinto (Xerais 2012).