Kati ten unha caixiña chea de bicos doces e un gran sorriso. Cando vai para o colexio, sempre leva algún na súa bolsa do almorzo. A súa nai, ó despedírense, sempre lle dá algún máis. Sabe que é moito tempo o que bota na escola.Kati regala os seus bicos ós seus amigos: a César cando chora porque a súa nai se marcha para casa; ó guerreante de Diego� Os bicos de Kati son como palabras máxicas para tódolos seus compañeiros de clase. Tamén a Kati os seus compañeiros danlle bicos cando o necesita. E é que unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz.Unha manchea de bicos é un álbum de Antonia Rodenas, ilustrado por Carme Solé Vendrell, que aborda os conflictos e as relacións interpersoais entre os máis pequenos nos seus primeiros anos de escolarización. A amizade e os sentimentos son os eixos temáticos deste libro destinado aos picariños de catro anos en diante.ILSTRACIONES DE SOLE VENDRELL, CARME
Nació en Villena (Alicante). Trabajó durante muchos años en la Escuela Infantil Els Xiquets y participa asiduamente en encuentros con niños y actividades de literatura infantil. Su obra destaca por la ingenuidad y ternura con que trata ciertos temas, pequeños conflictos a los ojos de los adultos pero de importancia crucial en edades tempranas.