O autor de historieas e animador audiovisual Martín Romero volve cun novo cómic infantil. Trátase das novas aventuras de Uxío, ese neno imaxinativo e soñador que se deu a coñecer coa publicación do cómic homónimo Uxío (Astiberri, 2020). Neste novo álbum, que se pode ler de forma independente ao primeiro, non é a de Uxío a única voz que se escoita. Tamén escoitamos a Ana, a súa mellor amiga, quen se fixo un oco ao seu carón na portada, a Rosenda ou a Álex, uns amigos que conforman o seu universo actual, cada vez máis aberto.
Ficha técnica
Editorial: Astiberri Ediciones
ISBN: 9788418909757
Idioma: Gallego
Número de páginas: 64
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 02/03/2023
Año de edición: 2023
Plaza de edición: Bilbao
Colección:
Txikiberri
Txikiberri
Alto: 26.0 cm
Ancho: 20.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Martín Romero
Martín Romero (Boiro, 1981). É ilustrador, autor de cómics e director de animación, e combina todas estas disciplinas para desenvolver os máis diversos proxectos. Como ilustrador realiza traballos que van dende o ámbito publicitario ata o editorial. Os seus cómics «Las fabulosas crónicas del ratón taciturno» (2011), «Episodios Lunares» (2015) e «La deuda» (2017), publicados en España por diferentes editoriais, tamén foron traducidos ao francés. Acaba de dirixir a súa primeira curtametraxe de animación: «La noche». www.martinromero.es