Valdemuller é unha historia de iniciación onde Mina, unha rapaza que acaba de facer quince anos, se interna no mundo dos coñecementos ancestrais das mulleres que saben, que sempre souberon ao longo dos séculos, malia as invisibilidades e os silencios impostos. Tamén é o nome dunha fraga frondosa e enigmática situada no corazón da provincia de Lugo, ademais do título desta novela, publicada por primeira vez hai vinte e cinco anos, e que xa daquela abordaba temas que hoxe seguimos a reivindicar.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411760171
Idioma: Gallego
Número de páginas: 132
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/04/2023
Año de edición: 2023
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Coste Oeste
Coste Oeste
Número: 140
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 184.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé A. Neira Cruz
XOSÉ A. NEIRA CRUZ é xornalista, escritor e profesor na USC. Licenciado en Xornalismo e Filoloxía Italiana, é doutor en Comunicación e en Filoloxía Italiana, e máster en Dereito Premial. Autor de máis de 30 obras, recibiu, entre outros, o Premio Merlín (1988 e 2000); o Barco de Vapor (1997 e 1999); o Raíña Lupa (2002); o Lazarillo (2004); o Fiz Vergara Vilariño de poesía (2007); o White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic (2005 e 2009); o IBBY Honour List (2006); o Los Mejores del Banco del Libro de Venezuela (2006); o Premio ao mellor libro estranxeiro no Brasil en 2008, da FNLIJ; os premios Barriga Verde e Manuel María de teatro (2008, 2009 e 2010), o Premio Repsol de Narrativa (2017) e o Carlos Mosteiro de literatura infantil (2019). Autor convidado nas feiras do libro de Buenos Aires (2006), La Habana (2008) e Guadalajara (2009), no Salão do Livro de Rio de Janeiro (2007), no Berlin Litteratur Festival (2009) e no festival Favole in crescita, Montecassino (2016). Con Veleno de tinta impresa (Xerais, 2020) gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta.