Escenario de escolas, bacharelatos, veráns, iso é Vigo para a poeta Helena de Carlos. Cidade viva, posuída tamén por voces inaudibles, punto de chegada que moitos xa non van ultrapasar. E entre os que escorrentaron polas rúas de Vigo, entre as pantasmas lembradas, pérdese a propia mocidade, o máis efémero dos soños.