Sinopsis de XA VAI O GRIFFON NO VENTO (PREMIO BLANCO AMOR DE NOVELA;PREMIO DA
Xa vai o griffón no vento é unha das novelas galegas máis emblemáticas e premiadas da década dos oitenta. Publicada orixinalmente en 1984, obtivo consecutivamente o Premio Blanco Amor de Novela, o Premio da Crítica Española, o Premio Nacional de Literatura (por vez primeira para un escritor galego) e o Premio Grinzane Cavour, concedido en Italia á mellor obra traducida do ano. A crítica galega e internacional recibiu de forma entusiasta e unánime a novela con comentarios como os que seguen: �Unha novela na que o escritor de Allariz se nos amosa como o escritor que albiscabamos hai tempo, un escritor que, á parte do dominio do idioma que aquí acada cumes, soubo dar cun tema� (XGG, A Nosa Terra).
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483023372
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/05/2001
Colección:
Peto
Peto
Número: 000007
Peso: 125.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Alfredo Conde
Alfredo Conde (Allariz, 1945). Mariño mercante. Dedicado ao xornalismo literario, colabora actualmente con El Correo Gallego. A súa obra narrativa está traducida a diversas linguas. En 1968 apareceu o seu primeiro libro, o poemario Mencer de lúas. Como narrador publicou, entre outras obras, Mementos de vivos (1974), relatos; O contubernio (1978), novela; O barco é do amo (1978), novela; Breixo (Xerais 1981), novela, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia; Memoria de Noa (Xerais 1982), Premio Chitón de novela e Premio Ícaro; Xa vai o Griffón no vento (1984; Xerais 1998), Premio Blanco Amor de novela, Premio da Crítica Española, Premio Nacional de Literatura, Premio Grinzane Cavour á mellor novela estranxeira publicada en Italia en 1990; Una conversación en la Habana (1989), longa entrevista con Fidel Castro; Música sacra (1989), contos; Los otros días (1991), Premio Nadal de novela; Sempre me matan (1995), novela; A Casa de Adara (Xerais 1996), relatos; O fácil que é matar (Xerais 1997), novela; Azul cobalto (2001), novela; Memorias dun soldado (2002), novela; Ósos de santo (2010), novela; Chovida do ceo (Xerais 2014) novela e O beato (Xerais 2016), Premio Ateneo de Valladolid 2015.