📗 Libro en gallego XENTES E CAMIÑOS

XERAIS - 9788497822626

Comunicación Prensa

Sinopsis de XENTES E CAMIÑOS

As páxinas deste libro recollen cen artigos de acentuado carácter memorialístico, publicados no xornal “El Correo Gallego”, onde se convocan a xentes moi diversas que percorren os camiños do tempo máis variados. O recordo emocionado da nai; a tolemia dos tempos do volframio; a evocación das festas e do bolero; a apetura do Café Moderno de Pontevedra, o que foi segundo fogar de Castelao; o traballo dos emigrantes carboeiros. son algúns dos temas tratados polo autor sempre de xeito breve, procurando dicir o máis posible no menor espazo, pois tal son as leis dun xénero, ao que non lle acaen baldeiras dispersións. Xosé Neira Vilas consegue con esta nova entrega da súa obra xornalística recente engaiolar ao lector con estes concentrados de crónica e memoria, labrados coa prosa purísima e ben traballada, tan característica dun clásico vivo da nosa literatura.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497822626

Idioma: Gallego

Número de páginas: 216
Tiempo de lectura:
5h 5m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/04/2005

Año de edición: 2005

Plaza de edición: Vigo
Peso: 307.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Neira Vilas


Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...
Descubre más sobre Xosé Neira Vilas
Recibe novedades de Xosé Neira Vilas directamente en tu email

Opiniones sobre XENTES E CAMIÑOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana