📗 Libro en gallego XOGANDO COS SONS

Programa para a prevención e intervención das dificultades articulatorias

Edicións Xerais- 9788499140773

Pedagogía Didáctica y metodología

Sinopsis de XOGANDO COS SONS

Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcionar un material práctico para traballar, dende unha perspectiva lúdica, as dificultades articulatorias en lingua galega. A través de diversos personaxes, contos, cancións, ladaíñas... trabállase a capacidade articulatoria do alumnado de Infantil e Primaria, previndo e corrixindo as dislalias e trastornos fonolóxicos que estes poidan presentar. o programa favorece o desenvolvemento da conciencia fonolóxica, achegando o alumnado aos procesos de lectura e escritura. Cadernos do alumnado O material para o alumnado consta de fichas de traballo para que o/a neno/a vaia adquirindo o fonema nas distintas fases de desenvolvemento do programa. Cunha metodoloxía que parte dun enfoque globalizado e lúdico, artéllase a reeducación da cada un dos 10 fonemas a través dun personaxe, que guía todas as actividades e serve de elemento motivador durante o proceso de adquisición do son. Manual do profesorado Proposta didáctica para a correcta aplicación do programa, con táboas para avaliar e rexistrar o avance na adquisición do fonema. Un conto ilustrado e locutado, protagonizado por un personaxe que emite o son, é o fío condutor que guía todos os exercicios que se propoñen para a adquisición dos fonemas por parte do alumnado: praxias bucofaciais, exercicios de sopro, posición tipo do fonema, emisión do fonema, onomatopeas, representación gráfica do fonema, repetición de sílabas, repetición de palabras, repetición de frases, repetición de textos curtos (ladaíñas e trabalinguas), tactos, xogos de xeneralización do fonem CD ROM: Inclúe 10 cancións e as locucións dos 10 contos, unha canción e un conto por cada fonema. Ademais, tamén se ofrecen 30 láminas para seren proxectadas en pantalla. Láminas: 30 láminas que se ofrecen para traballar o correspondente fonema. Lotos: Lotos fonéticos con todas as imaxes empregadas no programa cos fonemas correspondentes na parte posterior.

Ficha técnica


Ilustrador: Miguel Porto Hermida

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499140773

Idioma: Gallego

Número de páginas: 216

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/03/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Es
Colección:
MATERIAIS EDUCATIVOS
Alto: 30.5 cm
Ancho: 22.5 cm
Grueso: 2.5 cm
Peso: 945.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Marta López Viso


Descubre más sobre Marta López Viso
Recibe novedades de Marta López Viso directamente en tu email

Opiniones sobre XOGANDO COS SONS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana