Xoeliki é un neno de once anos introvertido e tímido. Xoga aos videoxogos on-line e bota horas chateando na Internet. Pasa moito tempo só porque a nai traballa todo o día e o pai morreu hais uns anos. A vida de Xoeliki é moi rutineira, xira arredor da casa e do colexio, ata que un día ocorre un feito misterioso que lla cambiará por completo: recibe un paquete sorpresa. Isto levarao a vivir novas aventuras, coñecer amigas e amigos como Ari, o sabio Barbabranca, o enigmático Maverick, Centulo profesor de Programación e Desenvolvemento- e algún inimigo como Mr. Virus. Descubrirá cousas inimaxinables para el.
Conto popular de Namibia protagonizado por un crocodilo presumido, ao que, de tanto se expor ao sol para ser admirado polos outros animais da sabana, enrugóuselle a fermosa e brillante pel da que fachendeaba e, envergoñado, agachouse na lagoa.
Conto popular de Cambodia protagonizado por un cervo, unha garceta chinesa e unha tartaruga, que intentan desfacerse dunha trampa na que caeron mentres paseban pola selva. Entre tanto achégaselles o cazador cun arco na man disposto a coller o que encontre por diante.
Conto popular xitano protagonizado por unha familia que ten que marchar da India nun carro tirado por un cabalo, en busca dun lugar onde poder vivir mellor. Ao longo da viaxe atravesan Asia, África e Europa, mentres a familia e os trastos van medrando cada vez máis.