A morte do meu pai. Unha historia, un mar de sentimentos, un relato persoal que se fai, ao mesmo tempo, universal ao vernos reflectidos nos episodios, nas reflexións, nas arelas e nas angustias, medo e dor, pero tamen esperanza, calma e resignacion... E retranca. E anacos de historia persoal que transcenden e se converten en leccions de vida que nos explican o pasado (a proclamacion da Republica, a Guerra Civil como soldado e as relacions humanas).Vida e morte mesturadas, collidas da man nun hospital.Literatura con maiusculas, con emocions que se engolen ou atragoan e verbas que chegan ao corazon como brasas quentes e atrapan os nosos pensamentos como meigallos. Os seus efectos non esmorecen cando remata a sua lectura. Calquera sopro pode avivecer as palabras. A morte de meu pai: un libro que as lectoras e lectores faran seu, como se fosen o narrador ou o protagonista.
"Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota...".Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamen fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a sua vida.Unha vida que tamen e a transformacion dunha explotacion gandeira, que vai desde a corte a un moderno estabulo, desde a ganderia de subsistencia a explotacion industrial.Desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e musica estereofonica; desde o pacer no monte, a aparicion do pastor electrico e a estar todo o dia estabuladas; desde a chegada das vacas pintas, a desaparicion das vacas marelas."Eu son a unica vaca marela, a unica vaca da casa que queda no lugar de Lucenza".E A Cachorra contao todo con ollos que o viron e sabiduria de telo vivido.Desde os anos que se facian cartos vendendo o leite a ruina dos gandeiros e o peche continuo das granxas.Nesta historia inventada, pero tremendamente real, describese tamen a transformacion e o declive das aldeas. Coa mestria de narrador singular que e Afonso Eire, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamen nos alporiza e nos enche de carraxe... Ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos ret...
Ausentes é o libro global da nosa emigración. Non só son as historias dos que marchan aos distintos países de América, de Europa ou do estado español, senón tamén dos que quedan. Todos sofren de Ausencia. O retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diaspora e dos que regresaron, ricos ou pobres. Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores seguro son quen de porlles cara e, ainda, o seu nome propio; mesmo reflectirse nos seus pensamentos e nas suas vidas. Un libro coral relatado en primeira persoa, onde os datos son certos, coma sempre neste autor, que nos fala tamen daqueles que verdadeirament se lucraron do gran negocio da emigracion e onde se analiza o que esta supuxo para Galiza a luz das ultimas investigacions. Un libro imprescindibel para saber quen somos.
O Piloto, o último guerrilleiro(morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965)Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o ultimo guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As suas fazañas, a sua lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoria en vida.Este libro non e so unha exhaustiva biografia que recolle toda a sua andaina e as suas obras, separando lenda de realidade, o certo da ficcion, a construcion popular das actuacions da personaxe.Tampouco e unha novela historica na que se ficciona unha figura senlleira e a sua epoca.O Piloto, o ultimo guerrilleiro e un libro de investigacion novelada no que falan os documentos, pero tamen os protagonistas directos e indirectos con voz propia, situados cada un nos seus diversos tempos, na sua epoca e nassuas particulares circunstancias.Novidoso, preciso, revelador, entretido e apaixonante, e este un traballo imprescindibel non so para saber o certo do mais famoso dos nosos guerrilleiros senon para comprender no seu contexto a guerrilla galega, a primeira enorganizarse en todo o estado e a ultima en desaparecer.Ao mesmo tempo, e unha obra polemica pois vai facer repensar e, ainda, reescribir as liñas esenciais do que foi a loita antifranquista na Galiza, asi como a sua conexion co ?novo nacionalismo?.