Alberto Ramos (Santiago de Compostela, 1986). Licenciado en xornalismo pola Universidade de Santiago, traballou na sección de cultura de Xornal de Galicia e actualmente faino na Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). No ámbito literario recibiu premios como o Biblos Pazos de Galicia pola novela Dor pantasma (2006), o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia (2009) por Con acuse de recibo e, en 2012, o Premio Vicente Risco de Creación Literaria pola novela Todos os días, que acadou de novo en 2018 con A simetría das bestas. Coa novela Máscaras rotas para Sebastian Nell acadou o Premio García Barros en 2014, e, en 2022, levou o Premio de Narrativa Breve Repsol por Os corpos dos Romanov, ambas as dúas obras publicadas en Editorial Galaxia. Tamén gañou o Premio Rafale Dieste de textos teatrais con Conxo non restraint (2023) e o Premio Abrente de textos teatrais 2024 da MIT de Ribadavia coa peza Os servizos prestados.
Recibe novedades de Alberto Ramos directamente en tu email
Premio DE NARRATIVA BREVE Repsol 2022 Dous homes entran nun bar. Non se coñecen, nunca cruzaron palabra e non poden sospeitar que, cinco días despois, un morrerá a mans do outro. Niso terá moito que
Editorial Galaxia publica Máscaras rotas para Sebastian Nell, novela coa que Alberto Ramos obtivo o Premio García Barros do ano 2014. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboracion coa Secretaria Xeral de Politica Linguistica tratase dunha novela que combina distintos tipos de escritura nos que a materia narrativa se une co xenero da entrevista.En opinion do xurado, nesta obra de Alberto Ramos destaca a grande orixinalidade da disposicion do material narrativo e a caracterizacion do seu protagonista. Introducesenos nunha poderosa historia protagonizada por un actor ingles nas suas derradeiras horas; Sebastian Nell lembra os seus dias, cheos de luces e sombras, diante dunha xornalista coa que manten unha entrevista longa. Polo camiño vai aboiando todo un mundo de miserias persoais e profesionais, de envexas e iras que tracexan un retrato intenso e non sempre agradecido do dificil universo do teatro e do cinema.Ao final da sua vida, e tras recibir o diagnostico do alzheimer, o actor britanico Sebastian Nell concedelle unha unica entrevista a xornalista Rebecca Graham. Nas longas horas de conversa, o actor percorre a sua traxectoria teatral en Gran Bretaña e a sua carreira cinematografica en Hollywood. Retrata asi, con nostalxia e ao tempo desarraigamento, os falsos brillos da sociedade do espectaculo. Mais non so, porque do pasado de Sebastian Nell tamen xorden os bombardeos de Londres na Segunda Guerra Mundial, a enfermidade, a miseria, o amor, un particular sentido da historia contemporanea e un desexo impudico de contar. Alberto Ramos fai nesta novela unha radiografia dos claroscuros do seculo XX a traves do dialogo punzante e inclemente de dous personaxes que intentan descubrir quen e cadaquen. E onde nada e nunca o que parece.
Cando a Pirotecnia QuiGarSA estoura, parte da súa cuberta aterra a case dous quilómetros de distancia e a onda expansiva absorbe o aire que a rodeaba. E o aire é o que lles falta aos homes e mulleres