Sinopsis de PIROTECNIA (PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2024)
Cando a Pirotecnia QuiGarSA estoura, parte da súa cuberta aterra a case dous quilómetros de distancia e a onda expansiva absorbe o aire que a rodeaba. E o aire é o que lles falta aos homes e mulleres protagonistas desta novela coral, onde asistimos aos efectos que tan tráxico suceso causa na familia propietaria da pirotecnia, nos veciños da vila, na opinión pública e na clase política. Narrada co pulso da mellor novela negra e da crónica xornalística, Alberto Ramos constrúe unha arañeira de mentiras, enganos e traizóns onde o lector quedará atrapado ata o remate, mentres tenta recompoñer, entre o cheiro acre da pólvora e da morte, o verdadeiro crebacabezas do que aconteceu.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411763486
Idioma: Gallego
Número de páginas: 140
Tiempo de lectura:
3h 15m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 29/10/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 512
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 238.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Alberto Ramos
Alberto Ramos (Santiago de Compostela, 1986). Licenciado en xornalismo pola Universidade de Santiago, traballou na sección de cultura de Xornal de Galicia e actualmente faino na Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). No ámbito literario recibiu premios como o Biblos Pazos de Galicia pola novela Dor pantasma (2006), o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia (2009) por Con acuse de recibo e, en 2012, o Premio Vicente Risco de Creación Literaria pola novela Todos os días, que acadou de novo en 2018 con A simetría das bestas. Coa novela Máscaras rotas para Sebastian Nell acadou o Premio García Barros en 2014, e, en 2022, levou o Premio de Narrativa Breve Repsol por Os corpos dos Romanov, ambas as dúas obras publicadas en Editorial Galaxia. Tamén gañou o Premio Rafale Dieste de textos teatrais con Conxo non restraint (2023) e o Premio Abrente de textos teatrais 2024 da MIT de Ribadavia coa peza Os servizos prestados.