Héctor teme que este verán sexa aburridísimo. Ten que pasalo nunha vila de Galicia e, ademais, estudiar moito. Sen embargo, alí verase envolto nun misterio
¿Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En A casa de había unha vez, Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a traves duns poemas nos que se entrecruzan dragons e leons, trasniños, raiñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas: O soldadiño de chumbo doelle o pe de correr de guerra en guerra o coxilipe. A princesiña do tupe esta co seu zapato de tacon tomando un canape coas damas no salon. No bosque encantando dos tres regatiños bailaban a polca os sete ananiños. A rata do lindo bigote, meteu os fociños no fondo do pote. O xastre, que era valente, enfadouse de repente e matou dunha patada sete moscas descaradas.Vinteoito poemas que piden ser recitados en voz alta para descubri-la musica dos contos de sempre, que ningun neno nin ningunha nena quereran deixar de escoitar.
Ó longo dos trinta e seis poemas que constitúen o libro, a autora vai describindo asuntos relacionados coa natureza (a lúa, a nube, o rio...) e de lugares emocionalmente próximos, De xeito salientable, falanos do mar, das suas cores, das ondas de verde e azul.As estructuras empregadas son sinxelas, con predominio dos octosilabos rimados, que enlazan directamente coas mais empregadas na nosa tradicion oral popular. Sobre todo, destacan pola sua riqueza de imaxes e o seu exquisito dominio da linguaxe poetica.
Marilinda chegou un día ao colexio dos nenos tristes. Entre a súa equipaxe encontrábase a sorpresa que lles devolvería a voz e a gana de sorrir. Unha bonita historia de ilusión, compañeirismo e moitos soños que conseguen facerse realidade.