Valería máis prender a luz e ler, eludir os labirintos nos que se adentra o pensamento, mais o cansazo vólveme pasiva e derivo cara a lembranzas luminosas. Ás veces abórdoas e invádenme ata tal punto que, ao longo dun instante, confundoas coa realidade.Aquel dia, as horas pasadas a te contemplar, a reter a tua man fria que se puña tesa de vagariño, a agarimar o teu rostro, eu sentira que repousabas sobre do noso leito, coma sobre dunha ribeira e que me transportaba a pesares de min, pois que estaba viva, nunha corrente irresistible. Ti estabas para sempre endexamais inmobil, eu estaba por un tempo ainda en movemento. A morte arredabanos para toda a eternidade.
Unha historia de amor. Unha longa historia de amor xa na final da viaxe. Un canto íntimo e intenso ávida, ás ansias de vivir e de compartir a existencia (ese rápido suspiro) coas cousas e os seres que valoramos aínda máis cando a vida termina. Anne Philipe amosa nos seus libros unha sensibilidade especial para ver e profundizar na visión da existencia dende o interior das cousas, mesmo das cousas máis pequenas e aparentemente insignificantes, pero que son as que, ó final, dan sentido á nosa particular condición de seres humanos. Novela para a reflexión e o amor. Poucas veces a palabra, o ritmo do relato aparecen tan ben medidos e estructurados.