Ganga, a última achega narrativa de Antón Lopo, ten un dono e señor que é o propio Ganga, un protagonista ácrata e excesivo que conduce ao lector a unha aventura sen retorno. Ganga, un gordecho psicotropicomano de cento vinte quilos, enleado nunha trama de narcotraficantes e comunidades secretas de intelixencia que procuran a felicidade perpetua, emprende unha viaxe na procura do amor e da morte que o levara dende a sua Compostela, ao Hio, a Barcelona, a Compostela, de novo, e logo a India. Ganga viaxa para deixar atras o seu pasado, buscando sempre o amor e o coñecemento da verdade, que se agacha tralas mascaras dos seus seres mais proximos.Ganga e unha novela nomade, a que so se lle recoñecen ancoraxes xeograficas, porque a sua trama trepidante conduce a unha festa de xeneros, a unha itinerancia de rexistros por vieiros fragmentarios e paralelos. En Ganga todo e multiple, aberto e posible, e por iso os traficantes de eternidade ou as comunidades secretas de intelixencia poden convivir no seu celme fantastico, con estructuras literarias propias do melodrama, da ciencia ficcion, do xenero fantastico ou da road movie.Novela de personaxe, -a suor de Ganga, o seu peso formidable, as suas alucinacions cheas de sentido enchoupan todo o volume-, Ganga ergue unha caste de estoicismo sereno que, nun constante cuestionamento da sua identidade, permitelle ao narrador ofertar un galano de poetica neutralidade. O autor amosa o mundo como o ve, sen impoñer xuizos morais, rexeitando dogmas e imposicions, convencido de que a unica forma de aprehender o mundo e non interferindo no que narra. En Ganga, onde aparece un amplo ronsel de personaxes secundarios, responsables en ocasions das teses e reflexions sobre o amor, o sexo ou a propiedade, fluen tamen as claves dunha mitoloxia contemporanea que Anton Lopo dispuxo nunha sorte de ironica espiral, un combate de mundos paralelos que non revelara as suas razons e o seu sentido ata practicamente a fin do texto.
Ver más