Entrei no convento coas esperanzas de encontrar ó deus sabio que pregoara frei Antonio. Se as monxas se mortificaban diariamente con cincuenta sacudidas do seu cilicio, eu deime cen. Se mantiñan o xexun durante tres dias, eu mantiveno durante unha semana. Se traballaban na horta ata que lles sangraran as mans, eu traballei ata case desangrarme. Non sentia dor pero polas noites, na miña cela,as paredes debrocabanseme enriba e reclamaba o alivio de deus e deus diciame, golpeate e eu, confiada na sua sabedoria, golpeabame noites enteiras, dias enteiros, e abriame brechas nos seos e bebia nos manantiais que diles brotaban, e deus nunca viña beber canda min.