Amante dos amorodos, dos bambáns e dos caracois, Anxo Iglesias é profesor de Educación Física no IES Auga da Laxe de Gondomar. Membro fundador da asociación Espazo Lectura, coordinou desde 2008 ata 2015 o Club de Lectura Compartida Lendo Contigo. Ademais, é un dos integrantes do grupo de música infantil A Banda dos Cueiros e xogador retirado de pimpón. A súa conta en Instagram é @ai.marino. «Unha nova dimensión», Premio Merlín de Literatura Infantil 2022, é a súa primeira obra publicada.
Recibe novedades de ANXO IGLESIAS directamente en tu email
No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado no seu peto maxico un chimpin. Ali poderas facer piraguismo, empanadas, beatbox... e mesmo cantar un gol! Un sitio distinto, de mulleres bravas e cabalos ao galope, onde caen chuzos de punta e contan os tacons, hai troula a todas as horas e, no faro da fin do mundo, agarda por ti un solpor. E mentres, a poesia, chovendo versos, na sua tinta ou masterchof, que ven pra quedar, pra quedar, pra quedar... E as palabras, patas arriba, aturuxando e facendo equilibrios imposibles. Mergullate nas paxinas deste libro: malo sera que non descubras, antes ou despois, de que estamos a falar. Digocho eu!
A partir do concepto xeometrico de dimensión artellase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesia entendida como fonte de diversion. A poesia reivindicada, ademais, como unha dimension con entidade propia. Ler "Unha nova dimension" e asistir a un festival de creatividade. E un estimulo para a imaxinacion!