Armando Requeixo (Mondoñedo, 1971). Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa (Premio Extraordinario), exerce como profesor de Lingua e Literatura Galegas no Ensino Medio, tendo desempeñado tamén labores docentes no Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago (1996-1997 e 2000-2002). Como investigador e analista literario é autor das monografías Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego (1996), Ánxel Fole e Á lús do candil, (1997, en coautoría con Luís Alonso Girgado), O mundo lucense de Ánxel Fole (1997, en colaboración con Claudio Rodríguez Fer e Isabel Gómez Rivas) e Escritores mindonienses (1998). Foi, tamén, o editor da novela de Aníbal Otero Esmoriz (1994), da peza teatral de Luís Seoane A soldadeira (1996), da Poesía galega (1999) e mais a Etnografía mindoniense (2000) de Eduardo Lence Santar e do poemario Primeiras cantigas do amor (1999) de Xosé Díaz Xácome. Tamén se co-responsabilizou, xunto con Ramón Nicolás, da edición e estudio da escolma de conto galego actual Materia prima. Relatos contemporáneos (Vigo, Xerais, 2002) e de Viaxe ao País dos Ananos de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 2004). Como crítico literario é colaborador habitual da revista Tempos Novos e mais dos xornais El Correo Gallego, Faro de Vigo e Diario de Ferrol.
Recibe novedades de ARMANDO REQUEIXO directamente en tu email
Para un achegamento á figura de Xosé María Díaz Castro. Letras Galegas 2014
Xosé María Díaz Castro convertiuse nunha das figuras referenciais da poesía galega do século XX. A súa obra e moi extensa,