Para un achegamento á figura de Xosé María Díaz Castro. Letras Galegas 2014
Xosé María Díaz Castro convertiuse nunha das figuras referenciais da poesía galega do século XX. A súa obra e moi extensa, pois gran parte da mesma permanece espallada por revistas e xornais e moita dela ficou inédita. Do estudo e edición desta obra encargouse o crítico literario e profesor Armando Requeixo, quen neste libro achega toda esa produción aos lectores.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498655162
Idioma: Gallego
Número de páginas: 200
Tiempo de lectura:
4h 42m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 30/12/2013
Año de edición: 2013
Plaza de edición: Es
Colección:
Letras Galegas
Letras Galegas
Número: 19
Alto: 18.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Armando Requeixo
Armando Requeixo (Mondoñedo, 1971). Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa (Premio Extraordinario), exerce como profesor de Lingua e Literatura Galegas no Ensino Medio, tendo desempeñado tamén labores docentes no Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago (1996-1997 e 2000-2002). Como investigador e analista literario é autor das monografías Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego (1996), Ánxel Fole e Á lús do candil, (1997, en coautoría con Luís Alonso Girgado), O mundo lucense de Ánxel Fole (1997, en colaboración con Claudio Rodríguez Fer e Isabel Gómez Rivas) e Escritores mindonienses (1998). Foi, tamén, o editor da novela de Aníbal Otero Esmoriz (1994), da peza teatral de Luís Seoane A soldadeira (1996), da Poesía galega (1999) e mais a Etnografía mindoniense (2000) de Eduardo Lence Santar e do poemario Primeiras cantigas do amor (1999) de Xosé Díaz Xácome. Tamén se co-responsabilizou, xunto con Ramón Nicolás, da edición e estudio da escolma de conto galego actual Materia prima. Relatos contemporáneos (Vigo, Xerais, 2002) e de Viaxe ao País dos Ananos de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 2004). Como crítico literario é colaborador habitual da revista Tempos Novos e mais dos xornais El Correo Gallego, Faro de Vigo e Diario de Ferrol.