O lobo guerrilleiro -a novela coa que Bento da Cruz obtivo o Premio Diário de Noticias en 1991- narra a vida de André Lobo, nacido no Barroso e fillo de labradores, que transcorre entre amores desenfreados, intrigas familiares, contrabandistas e guerrilleiros, paisaxes case virxes e un minucioso encadramento politico-social. Se o azar dunha primeira paixon, levou a Andre Lobo a ingresar na garda fiscal, a segunda, deixao desconcertado cunha inagardada fin. Tamen o azar, levarao a apaixonarse perdidamente por Consuelo, unha fermosa guerrilleira antifranquista que alterara o rumbo da vida de Lobo. Ao mesmo tempo, nesta apaixonante novela, os lectores son confrontados coa realidade barrosana, cos problemas da Guerra Civil española e coas suas consecuencias, mesturadas nunha intensa paixon, que da o amor a caracteristica dun estado de levedade.O Lobo guerrilleiro, traducido fermosamente para o galego por Moncha Fuentes Arias, -en boa parte consecuencia do forte impacto da guerrilla antifranquista galega nas terras portuguesas veciñas- e, pois, unha complexa intriga de maquis e de violencia situada nos anos posteriores a 1936, pero tamen e unha mostra grandiosa da sociedade labrega da terra do Barroso e da capital, Montalegre, onde radican os poderes caciquis e a mediocridade politica. Unha novela de grande exito en Portugal, que apaixonara, tamen, ao publico galego.