Benxamín Dosil López (A Fonsagrada, 1961), licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é intérprete xurado de galego. Foi tradutor de galego da Xunta de Galicia (1989-1997), xefe do Rexistro Xeral (2003-2013) e, a partir de 1993, funcionario do corpo superior da Administración autonómica. Foi subdirector xeral de Política Lingüística (1998-2000) e, dende 2014, traballa como analista de xestión do rendemento e calidade na mesma Administración. Encargouse da coordinación e tratamento terminolóxico da «Guía de alimentación» (1995) e do «Léxico da construción» (2001). Como autor publicou «Maiúsculas e abreviacións» (1996), «Palabras novas e nomes propios» (1997) e «Masculino e feminino nos nomes de profesións» (2004). Así mesmo, é coautor destoutras obras: «Diccionario galego de banca» (1993), «Manual de fútbol» (1995-1998), «Dicionario de ortografía da lingua galega» (1996 e 2004), «Ortografía galega. Método práctico» (1997), «Dicionario escolar da lingua galega» (2010). En Xerais publicou as obras «Escrita doada. Consellos para redactar ben» (2015) e «Manual de uso da lingua galega» (2021).
Recibe novedades de BENXAMIN DOSIL LOPEZ directamente en tu email
Este libro, "Ortografía galega. Método práctico", axuda á aprendizaxe fácil e progresiva do galego escrito actual, a través de leccións e exercicios especialmente pensados para aquelas idades nas que e fundamental unha correcta comprension e asentamento da ortografia, de xeito que esta deixe de ser un tedioso atranco no desenvolvemento intelectual dos nosos rapaces e rapazas.
Escribir ben é unha habilidade que calquera persoa querería para si. En ocasións, pode parecernos fácil expresar por escrito aquilo que temos na cabeza, mais, cando nos poñemos á faena, decatámonos de que quizais non e todo tan achanzado como planearamos. Asi e todo, a escribir tamen se aprende.Con este libro Benxamin Dosil farache doado o acto da escrita resolvendo as tuas dubidas ao respecto. Darache recursos e trucos para que saias axiña dos atrancos, indicacions que che serviran para comunicarte mellor e, tamen, para estudar con mais axilidade. Elaboraras esquemas, desenvolveras ideas conectandoas de distintos xeitos e melloraras a tua redaccion.En Escrita doada o autor recolleu abundantes aspectos da sua experiencia profesional, enriquecidos coas achegas dos mellores mestres na materia. A obra foi concibida como un manual de consulta que reune un cento de epigrafes formadas por abundantes exemplos ilustrativos, cadros e graficos para entender mellor a escasa carga teorica que aconsella sobre as mellores solucions, as mais sinxelas, claras e concisas. Vai acompañado dun glosario con mais de mil cincocentas voces que poden resultar dubidosas na nosa lingua. Agora e teu. Aproveitao!Escribir ben é unha habilidade que calquera persoa querería para si. En ocasións, pode parecernos fácil expresar por escrito aquilo que temos na cabeza, mais, cando nos poñemos á faena, decatámonos de que quizais non e todo tan achanzado como planearamos. Asi e todo, a escribir tamen se aprende.Con este libro Benxamin Dosil farache doado o acto da escrita resolvendo as tuas dubidas ao respecto. Darache recursos e trucos para que saias axiña dos atrancos, indicacions que che serviran para comunicarte mellor e, tamen, para estudar con mais axilidade. Elaboraras esquemas, desenvolveras ideas conectandoas de distintos xeitos e melloraras a tua redaccion.En Escrita doada o autor recolleu abundantes aspectos da sua experiencia profesional, enriquecidos coas achegas dos mellores mestres na materia. A obra foi concibida como un manual de consulta que reune un cento de epigrafes formadas por abundantes exemplos ilustrativos, cadros e graficos para entender mellor a escasa carga teorica que aconsella sobre as mellores solucions, as mais sinxelas, claras e concisas. Vai acompañado dun glosario con mais de mil cincocentas voces que poden resultar dubidosas na nosa lingua. Agora e teu. Aproveitao!
O «Manual de uso da lingua galega» é unha ferramenta lingüística de enorme utilidade, cos contidos estruturados e tratados de forma visual e práctica.Este «Manual de uso da lingua galega», dirixido a