📗 Libro en gallego ESCRITA DOADA

Consellos para redactar ben

Edicións Xerais - 9788499148267

Estudios literarios Técnicas literarias

Sinopsis de ESCRITA DOADA

Escribir ben é unha habilidade que calquera persoa querería para si. En ocasións, pode parecernos fácil expresar por escrito aquilo que temos na cabeza, mais, cando nos poñemos á faena, decatámonos de que quizais non é todo tan achanzado como planearamos. Así e todo, a escribir tamén se aprende.Con este libro Benxamín Dosil farache doado o acto da escrita resolvendo as túas dúbidas ao respecto. Darache recursos e trucos para que saias axiña dos atrancos, indicacións que che servirán para comunicarte mellor e, tamén, para estudar con máis axilidade. Elaborarás esquemas, desenvolverás ideas conectándoas de distintos xeitos e mellorarás a túa redacción.En Escrita doada o autor recolleu abundantes aspectos da súa experiencia profesional, enriquecidos coas achegas dos mellores mestres na materia. A obra foi concibida como un manual de consulta que reúne un cento de epígrafes formadas por abundantes exemplos ilustrativos, cadros e gráficos para entender mellor a escasa carga teórica que aconsella sobre as mellores solucións, as máis sinxelas, claras e concisas. Vai acompañado dun glosario con máis de mil cincocentas voces que poden resultar dubidosas na nosa lingua. Agora é teu. Aprovéitao!Escribir ben é unha habilidade que calquera persoa querería para si. En ocasións, pode parecernos fácil expresar por escrito aquilo que temos na cabeza, mais, cando nos poñemos á faena, decatámonos de que quizais non é todo tan achanzado como planearamos. Así e todo, a escribir tamén se aprende.Con este libro Benxamín Dosil farache doado o acto da escrita resolvendo as túas dúbidas ao respecto. Darache recursos e trucos para que saias axiña dos atrancos, indicacións que che servirán para comunicarte mellor e, tamén, para estudar con máis axilidade. Elaborarás esquemas, desenvolverás ideas conectándoas de distintos xeitos e mellorarás a túa redacción.En Escrita doada o autor recolleu abundantes aspectos da súa experiencia profesional, enriquecidos coas achegas dos mellores mestres na materia. A obra foi concibida como un manual de consulta que reúne un cento de epígrafes formadas por abundantes exemplos ilustrativos, cadros e gráficos para entender mellor a escasa carga teórica que aconsella sobre as mellores solucións, as máis sinxelas, claras e concisas. Vai acompañado dun glosario con máis de mil cincocentas voces que poden resultar dubidosas na nosa lingua. Agora é teu. Aprovéitao!

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499148267

Idioma: Gallego

Número de páginas: 248
Tiempo de lectura:
5h 52m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 05/03/2015

Año de edición: 2015

Plaza de edición: Es

Colección:
DIDÁCTICA E LINGUA

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 440.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por BENXAMIN DOSIL LOPEZ


Benxamín Dosil López (A Fonsagrada, 1961), licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é intérprete xurado de galego. Foi tradutor de galego da Xunta de Galicia (1989-1997), xefe do Rexistro Xeral (2003-2013) e, a partir de 1993, funcionario do corpo superior da Administración autonómica. Foi subdirector xeral de Política Lingüística (1998-2000) e, dende 2014, traballa como analista de xestión do rendemento e calidade na mesma Administración. Encargouse da coordinación e tratamento terminolóxico da «Guía de alimentación» (1995) e do «Léxico da construción» (2001). Como autor publicou «Maiúsculas e abreviacións» (1996), «Palabras novas e nomes propios» (1997) e «Masculino e feminino nos nomes de profesións» (2004). Así mesmo, é coautor destoutras obras: «Diccionario galego de banca» (1993), «Manual de fútbol» (1995-1998), «Dicionario de ortografía da lingua galega» (1996 e 2004), «Ortografía galega. Método práctico» (1997), «Dicionario escolar da lingua galega» (2010). En Xerais publicou as obras «Escrita doada. Consellos para redactar ben» (2015) e «Manual de uso da lingua galega» (2021).
Descubre más sobre BENXAMIN DOSIL LOPEZ
Recibe novedades de BENXAMIN DOSIL LOPEZ directamente en tu email

Opiniones sobre ESCRITA DOADA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana