Este volume ocúpase dun dos campos máis fértiles do nos patrimonio inmaterial, o do vizoso repertorio dos bailes e música tradicionais de Galicia e dalgúns elementos etnográficos relacionados con eles, como a roupa e os adornos indumentarios, os instrumentos musicais ou as celebracions e as actividades colectivas que ofrecian escenario para cantos e danzas. Un coidado volume enciclopedico que recompila e actualiza, por vez primeira, toda a informacion dispoñible sobre o traxe tradicional galego, os seus tecidos, agremans e as suas diferencias territoriais. Un estudio novidoso sobre os bailes (muiñeira, xota, fandango, zapateado, seguidilla), as danzas (gremiais, pagas, relixiosas), o cancioneiro e as reunions festivas (fiadeiros, serans, malla, vesadas, muiñadas?) propios da cultural tradicional galega. Unha descricion detallada dos instrumentos do folclore galego (percutivos, de friccion e vento), que se completa co primeiro vocabulario especifico sobre o noso floclore.A cantidade de fontes citadas ou consultadas e a profusion de informacion textual e grafica que conten este libro singular no noso eido editorial non empecen a amenidade e transparencia das suas paxinas, que non son obra dun floclorista de academia, senon dun artista, Calixto Alban Laxe, que vive con paixon o baile tradicional de Galicia e ensina os seus segredos nas colonias galegas espalladas polo mundo.