Commedia, un xoguete para Goldoni é un dos espectáculos máis exitosos da historia do teatro galego, do que, dous anos despois da súa estrea, se seguen realizando numerosísimas funcións, naceu do encontro da vontade creativa duns amantes da comedia dell arte, os comicos de Ollomoltranvia, coa xenialidade dun dos comediografos mais inspirados de todolos tempos, Carlo Goldoni. Commedia naceu como un encontro vivo, en continua resposta os estimuos de todolos elementos que interveñen nun proceso teatral: actores, publico, direccion escenica, escrita, creacion plastica, etc. Esta e a razon pola que nesta edicion presentanse dous textos: o que mais ou menos, correspondia o espectaculo na data no que se editou e o do anel maxico, o canovaccio (argumento, guion, boceto) goldoniano a partir do que, no seu momento, se puxo en marcha toda esa maquina escenica, esa bola de neve teatral que, en texto, accions ou emocions, segue facendose ou compactandose dia a dia. En palabras dos autores de Commedia, a compañia Ollomoltranvia presentamos, pois, un texto en continuo reaxuste. Un texto que hoxe xa non o e o da estrea e que maña xa non sera exactamente, o que agora editamos. Un texto vivo, que necesaria e inevitablemente, so recolle unha parte do espectaculo, pois a commedia e ante todo xogo e accion.
Ver más