Este libro é unha especie de atlas de xeografía mítica de Terra de Montes. Presentamos aquí a segunda edición desta obra, publicada orixinalmente no ano 2008 por Serpe Bichoca, e que ofrece ilustracions e fotografias en branco e negro. Un material para quen teña interese en descubrir a pe a singularidade material e inmaterial do monte Seixo, mesmo aqueles tuneles miticos que comunican o Castro Grande con Pozo Sanguento, ou Fontefria co monte de Costoia. Na descricion do camiño non falta detalle do mundo maxico da montaña, desde a cidade de Trentinan, ata o Marco do Vento ou Portalen.
As pedras da tribo é unha emocionada homenaxe á nosa cultura milenaria, perdurábel na obra pétrea e sublimada na lingua. Aqueles que ignoran, magoan ou fan de menos os nosos sagros sinais de identidade non merecen ser considerados fillos da Galiza. Ende ben, os bispos son efemeros, as catedrais, eternas.Este volume continua o traballo comezado nO codigo da vincha, dentro da coleccion Cerdedo in the Voyager, unha viaxe pola historia e cultura milenarias de Cerdedo.