O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pe das farturentas minas de Varilongo, e ali entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu dia, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos o xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capitulo deste libro.E o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as suas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasions, atopamos empresarios, traballadores ben pagos e veciños que andaban "a roubeta" perseguidos pola Garda Civil. Ala no fondo, movendo alguns dos fios do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramon Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristobal Martinez Bordiu.Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo esta unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forjan a cabeza, irman de Enrique Lister, o heroico capitan das milicias republicanas.Esta e a primeira monografia sobre o tecido sociopolitico do volframio galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos habitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda os pequenos filons de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.Xesus Alonso MonteroO volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pe das farturentas minas de Varilongo, e ali entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu dia, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos o xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capitulo deste libro.E o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as suas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasions, atopamos empresarios, traballadores ben pagos e veciños que andaban "a roubeta" perseguidos pola Garda Civil. Ala no fondo, movendo alguns dos fios do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramon Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristobal Martinez Bordiu.Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo esta unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forjan a cabeza, irman de Enrique Lister, o heroico capitan das milicias republicanas.Esta e a primeira monografia sobre o tecido sociopolitico do volframio galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos habitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda os pequenos filons de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.Xesus Alonso Montero
Ver más