📗 Libro en gallego O VOLFRAMIO EN VARILONGO. SANTA COMBA DE XALLAS (1941-1963)

SANTA COMBA DE XALLAS (1941-1963)

Edicións Xerais - 9788499149912

Historia local de España Galicia

Sinopsis de O VOLFRAMIO EN VARILONGO. SANTA COMBA DE XALLAS (1941-1963)

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capítulo deste libro.É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben pagos e veciños que andaban "á roubeta" perseguidos pola Garda Civil. Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.Xesús Alonso MonteroO volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capítulo deste libro.É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben pagos e veciños que andaban "á roubeta" perseguidos pola Garda Civil. Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.Xesús Alonso Montero

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499149912

Idioma: Gallego

Número de páginas: 152
Tiempo de lectura:
3h 33m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 14/04/2016

Año de edición: 2016

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 244.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Carmen Blanco Ramos


Carmen Blanco Ramos naceu en Vilar de Céltigos, Santa Comba (A Coruña), en 1957 e formouse académica e culturalmente en Madrid, a onde marchou con só dez anos. Desde 2001 reside en Galicia. Publicou varios relatos e artigos de crítica literaria en Madrygal. Revista de Estudios Gallegos da facultade de Filoloxía na que cursou os seus estudos (Universidad Complutense). Colaboracións da súa autoría foron publicadas nas revistas A Freita e Grial. Participou nos libros colectivos Muller de doce sal. Homenaxe a Inés Canosa (2000) e en Ex toto corde. No oitenta aniversario de don Xesús Alonso Montero (2009), así como na edición de Pontevedra Literaria (2007). De xeito individual publicou a novela A golpe de dor (2002). En 2016 publica O volframio en Varilongo. Santa Comba de Xallas (1941-1963), o seu primeiro ensaio na colección Crónica de Xerais.
Descubre más sobre Carmen Blanco Ramos
Recibe novedades de Carmen Blanco Ramos directamente en tu email

Opiniones sobre O VOLFRAMIO EN VARILONGO. SANTA COMBA DE XALLAS (1941-1963)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana