Charo Portela Yáñez (Pontevedra, 1963) é licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi subdirectora de Ediciós do Castro e coordinou as actividades culturais do Instituto Galego de Información até o ano 2008. Entre as súas publicacións cabe salientar Epistolario de Valentín Paz Andrade, en colaboración con Isaac Díaz Pardo (Ediciós do Castro, 1997), Valentín Paz Andrade. Biografía (Ir Indo, 1998), Epistolario de Carmen Muñoz Manzano, en colaboración con Xosé Luís Axeitos (Biblioteca del Exilio, Ediciós do Castro, 2005), e Luís Seoane e a Galicia medieval (Universidade de Santiago, 2010). En Xerais publica en 2012 Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía (col. Merlín) e Valentín Paz Andrade. Vida e obra. Forma parte do comité editorial da Biblioteca del Exilio, e da directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia.
Recibe novedades de CHARO PORTELA YAÑEZ directamente en tu email
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC 9788498872873
A soldadeira, os xograres, bispos, peregrinos e campesiños; Roi Sordo, María Balteira, Pedro Maddruga ou san Ero de Armenteira. Todos eles e moitos máis personaxes da nosa historia medieval aparecen na obra de Luis Seoane, nos sus debuxos, tapices e grava
Valentín Paz Andrade. Vida e obra pretende ofrecer un amplo percorrido pola vida do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012 e pola súa inmensa obra. Xornalista e poeta, home de leis e politico, economista, empresario, e persoa vencellada a politica galeguista, Valentin Paz Andrade (Pontevedra, 1899 Vigo, 1987) foi un loitador incansable cunha unica tarefa: servir a Galicia desde todos os campos que abarcou o seu saber e o seu facer. A sua traxectoria vital foi de tal fondura que se converteu nun home clave na historia do seculo XX en Galicia e, segundo vai pasando o tempo, vemos medrar a sua verdadeira dimension humana. Este libro explica e mostra a vida e a obra dun home que tentou sen acougo acadar o desenvolvemento da sua terra, tirar a Galicia da sua marxinacion e que, tamen desde a utopia, traballou arreo tendo sempre Galicia como tarefa.
Este libro relata de forma amena e detallada a vida de Valentín Paz Andrade. As súas actividades como avogado, empresario, especialista en temas pesqueiros, político, poeta ou xornalista son presentadas por medio de documentos, fotografias e unha completa cronoloxiaUnha aventura biografica apaixonante dun home clave na historia do seculo XX, que concebiu Galicia como a sua tarefa.Completa o volume unha antoloxia de poemas e artigos do autor homenaxeado no Dia das Letras Galegas 2012Este libro relata de forma amena e detallada a vida de Valentín Paz Andrade. As súas actividades como avogado, empresario, especialista en temas pesqueiros, político, poeta ou xornalista son presentadas por medio de documentos, fotografias e unha completa cronoloxiaUnha aventura biografica apaixonante dun home clave na historia do seculo XX, que concebiu Galicia como a sua tarefa.Completa o volume unha antoloxia de poemas e artigos do autor homenaxeado no Dia das Letras Galegas 2012