"Fálame sempre" é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguén se lle oculta, unha das voces máis singulares da nosa literatura. O particular universo-mundo de Cid Cabido está aquí, discorrendo polos limpos carreiros do humor. Mais non so hai humor nesta obra de Cid Cabido: o autor situa os personaxes na corda frouxa, obrigandoos a tomar partido. Eis o relato Outra vida cotia, onde o protagonista se enfronta a tesitura de baixar polo pan e non volver a casa. Mais nada e o que parece. Aqui o equivoco ten visos dramaticos. Nos dezasete relatos restantes veremos desfilar personaxes variopintos, como o inquilino do conto O estraño caso de Candido Costas Tobio, que arrinca nunha marcha pola supresion da peaxe de Rande, nun espazo aberto, e remata nunha lobrega estancia. Logo aparecen os que fan casas con solainas a altura do tellado, e as mozas dunha chea de fulanos, o boom dos mobiles, os que estan profundamente namoriscados, ou os que loitan contra as multinacionais coa unica arma que teñen a man, a retranca, a mesma ironia de que se vale o autor o longo de todo o libro. E mais tamen a neurose proxectada sobre unha poliña de castiñeiro, o medo os que non son coma nos, a vinganza do neno -en quen todos nos recoñecemos- contra o mestre infame... E claro, sentese a presenza de Calvino e Melville, e Cunqueiro e Monterroso, e tamen os Cohen e Woody Allen, e a reflexion sobre a existencia, a literatura, a soidade, o amor e a morte... A vida, en definitiva."Fálame sempre" é o libro dun escritor con moito oficio e, a ninguén se lle oculta, unha das voces máis singulares da nosa literatura. O particular universo-mundo de Cid Cabido está aquí, discorrendo polos limpos carreiros do humor. Mais non so hai humor nesta obra de Cid Cabido: o autor situa os personaxes na corda frouxa, obrigandoos a tomar partido. Eis o relato Outra vida cotia, onde o protagonista se enfronta a tesitura de baixar polo pan e non volver a casa. Mais nada e o que parece. Aqui o equivoco ten visos dramaticos. Nos dezasete relatos restantes veremos desfilar personaxes variopintos, como o inquilino do conto O estraño caso de Candido Costas Tobio, que arrinca nunha marcha pola supresion da peaxe de Rande, nun espazo aberto, e remata nunha lobrega estancia. Logo aparecen os que fan casas con solainas a altura do tellado, e as mozas dunha chea de fulanos, o boom dos mobiles, os que estan profundamente namoriscados, ou os que loitan contra as multinacionais coa unica arma que teñen a man, a retranca, a mesma ironia de que se vale o autor o longo de todo o libro. E mais tamen a neurose proxectada sobre unha poliña de castiñeiro, o medo os que non son coma nos, a vinganza do neno -en quen todos nos recoñecemos- contra o mestre infame... E claro, sentese a presenza de Calvino e Melville, e Cunqueiro e Monterroso, e tamen os Cohen e Woody Allen, e a reflexion sobre a existencia, a literatura, a soidade, o amor e a morte... A vida, en definitiva.
Ver más