A especial condición do galego como lingua romance que, por unha parte, xerou o portugués, prolongación cara ao sur de si mesmo e logo estendido por varios continentes, e que, por outra, ficou subordinado no seu propio territorio ao castelan como lingua dun poder politico invasor, provocou unha singular relacion con estas duas linguas, a se debater ainda hoxe entre a reintegracion no seu tronco historico ou a progresiva dependencia do idioma oficial do Estado. Atrapado, pois, entre o castela, e o portugues, mais fundamentalmente debido a presion do primeiro, o galego acha grandes dificultades para recuperar a sua condicion de lingua normal da Galiza que mantivo durante a epoca medieval, partillando agora o seu futuro incerto con outras linguas peninsulares e europeas que se caracterizan tamen por non posuiren un aparello de Estado propio.As relacions entre o galego e o portugues, o castelan e as linguas minorizadas do Estado e de Europa son obxecto de reflexion e analise nesta obra, que tamen presta atencion a cuestion da norma, importante para marcar o grao de relacion coas linguas proximas.Na procura da sua afirmacion como lingua nacional da Galiza, o galego tamen foi obxecto de reivindicacion, defensa e coidada elaboracion literaria por parte das nosas escritoras e escritores, alguns dos cales se tratan aqu...